Da man do mestre Félix, ese leonés reciclado a galego de pro, recibimos unha cumprida información teórica e mais tarde unhas prácticas, tanto en pabillón como en exterior, que fixeron marabillas.
Hai que salientar que os liantes desta actividade foron a Sociedade Río Mandeo e o brazo executor Manolo, o do Cruceiro.
Hai moita xente no mundo da mosca que cree que xa o sabe todo porque consigue enganar unhas cuantas troitas.
A soberbia é o pecado preferido do demo, e moitas veces este é un mundiño no que cheira moito a azufre.
O caso é que eu recoñezo as miñas limitacións no lanzado e me recoñezo como unha mediocridade.
Sabendo isto plantexeime que teño que mellorar o meu lanzado cunha man e sobre todo con dúas. Neste último caso estou esperando a oportunidade para reciclarme de verdade e non continuar chapuzando con coñecementos autoadquiridos.
Aínda que non o creades, os progresos que se consiguen nunha xornada deste tipo non son milagrosos, pero casi. De estar acadando os 15 m con dificultade, acabei lanzando ó final da xornada unha WF 4 de 24 m sen problema. No caso da cana de dúas mans tamen puxen ó descuberto o backing, isto é 32 m.
Teño que dar graciñas a Félix pola paciencia que amosou conmigo ( e có resto) especialmente no aprendizaxe da doble tracción.
Agora a adestrar para non perder o adquirido.
A continuación póñovos unhas fotos do pabillón e do campo de fútbol de Coirós onde se desenvolveu o curso.
explicacións en cada paso |
o pabellón a tope de liñas voando |
o persoal posto a bailar o aserejé. Bueno en realidade eran prácticas da doble tracción |
Emilio probando a Fendwich coa liña de spey, a nova adquisición. Unha mellora notable da cana, por certo |
Este, que veu ó Jose durante o intento de invadir Portugal e quere copialo .... |
profesorado escarallándose de risa (imaxino que con fundados motivos) |