sábado, 23 de marzo de 2013

Piñeiro outra vez de pregoeiro

Pois iso, o amigo Piñeiro, que non para, e o próximo 30 de Marzo estará arreándolle ó pregón as Festas de Pascua de Padrón.

Para quen non o coñeza na Galiza (que raro será), este compañeiro de pesca, é aparte de pescador, director do programa Ríos e Montes na Radio Galega, que se emite ós Sábados entre as 6 e as 8 da mañá.

Hai poucos días no mesmo escenario de Padrón  tivo lugar a presentación do libro Galicia salmonera, que en comandita có Alberto Torres acaba de publicar a Editorial Trueiro. E agora xa da o remate có pregón deste ano.

Nada mellor que ser profeta na túa terra.

Noraboa Miguel. Que se dea ben ¡¡¡




domingo, 17 de marzo de 2013

Inicio de tempada no medio dun vertedoiro no corazón das Fragas do Eume

Hoxe comezou a tempada de troita.
En compaña de Dani, como skipper e coñecedor dos segredos do embalse do Eume, fumos facer unha prospección para ver como está a evolucionar esta masa de auga logo da contaminación química que durante a construcción da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) arrasou todo signo de vida no tramo que vai dende a vila das Pontes ata a desembocadura.
Xa no ano pasado algúns coñecidos foran algo a pescar nel e algunha troita apañaran, polo que queríamos ver como andaban as cousas.
O día abreu fríoe con vento de NW o que non presaxiaba nada bó no tocante a capturas.

Non obstante a dia foi abrindo segundo avanzaba a mañá e foronse abrindo uns claros que daban alas á esperanza de tocar escama.
Xa navegando no interior das Fragas o de menos case é pescar, unha paisaxe tan impresionante e agreste, merece por si soa a visita. E se pican, pois bárbaro.
E dito e feito, as troitas comenzaron a picar á raiola do sol.
Primeiro saeu unha boa moza de entorno o medio Kg, seguida doutra mais menuda pero prateada como un reo
Pero todo paraiso ten o seu inferno, e creedeme, eu non estaba preparado para o que ía ver nesta mañá de pesca.
En pleno Parque Natural, protexido por non sei cantas normativas sectoriais, por unha lexislación impecable, por dúas dúcias de axentes, vixiantes de recursos, peóns forestais, e non sei cantos efectivos mais, a merda (perdón RSU, que é mais requintado e fino) enseñoreábase das beiras. Botellas, caixas de plástico, rodas e non sei cantas porcalladas mais marcaban o límite da liña de inundación do embalse, estes días a tope polo desxeo e as fortes choivas.
Podedes ver nestas fotos todo o que fixo que me caira a cara de vergoña e a alma ós pés.
E poidovos asegurar que estes residuos non son desta tempada. A formación (ou deformación) de arqueólogo  fai que un mire os obxectos cunha visión diferente e poidovos asegurar que algunha das botellas que aboian teñen mais de 20 anos (Son daquelas botellas de Cocacola cun fondo de plástico negro)
Persoalmente paréceme de risa, que se dote de medios e efectivos este Parque, para que despois unha parte significativa del estea nesta situación deplorabel.
Que pasa, o que non se ve dende a estrada de Caaveiro non é do Parque?
Voltaremos á situación aquela da crise química cado o sr. director do parque afirmaba que o parque eran as Fragas e que o que sucedía no río non era problema seu?
A ver se desta vez me engano e se pon remedio nun prazo de tempo razoable a este desatre medioambiental, que poñendo un par de embarcacións a traballar, nun prazo de dúas semanas debería estar listo.
Logo desta parte desagradable. Recollimos os atarekos e quedamos con outros amigos para xantar nas Pontes. E gracias á paciencia da xente de Casa Ana, que nos atenderon bárbaro, apesar de chegar a deshora, desfrutamos dunha churrascada das de libro.
Logo da paparota fumos darlle un rebaixón polas ribeiras da vila e o que vimos foi isto
O Eume ía alto, pero os efectos dos arrastres do Chamoselo aínda eran visibles. Non é o desatre dos días álxidos da contaminación química, pero os arrastres de piritas e hidroxidos de ferro aínda non remataron. O río aínda ten bastante que sufrir e penar.







sábado, 16 de marzo de 2013

O día que non se durme

Có titular da entrada non falo dun ataque de insomnio perentorio.

Os que sodes cofrades do vicio, xa adiviñades que a cousa vai da noite en vela que nos espera ata que mañá os aparellos toquen auga doce e se vaían as frustracións dunha longa veda.

Eu sempre digo que si algunha situación me achega á infancia é esta. Voltamos a ser aqueles nenos que o día  de Reis tentaban quedar en vela pola ilusión dos regalos que estaban por vir.

Espero que esta tempada có ano de augas que levamos, sexan moitos or regalos que estean por vir. Non dubido que os haberá, porque a pesar dos maltratos ós que sometemos ás nosas arterias acuáticas, estas son ben agradecidas e cunha pouca limpeza como a deste inverno, agradecidas e esplendorosas.

En fin sorte a todos mañá, e espero ter algo que contarvos logo da xornada de embalse que me espera.


martes, 5 de marzo de 2013

Festa da Troita e do salmón da Pontenova



O Centro de Iniciativas Turísticas, CIT, encargada da organización da XXXV edición da FestaTroita, decidiu outorgar as distincións da Troita de Ouro a persoas ou colectivos que se distinguisen pola defensa, investigación, divulgación e no deporte da pesca fluvial e da propia festa.

As distincións deste ano son:

  • Troita de Ouro a Alberto Torres en recoñecemento ao seu labor xornalístico de divulgación da pesca e pola súa decidida colaboración dende o Xornal Trueiro.
  • Troita de Ouro a Fernando Cobo, Director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con e Director do programa Migranet para a investigación dos peixes migradores.
  • Troita de Ouro a David Arcay pola consecución do Campionato do Mundo de salmónidos-mosca.
  • Troita de Ouro a El Progreso pola difusión e divulgación da festa.
O Pregón deste ano correrá A Cargo de Alberto Torres, Xornalista, Escritor e Director do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro.

 Noraboa ós galardonados e non vos perdades o pregón, que seguro que será de escachar.
Andaremos por aló.