No video que poño a continuación podedes ver unha probas de piscina nas que se desmonta este mito e se poden quitar as seguintes conclusións:
- O vadeador de neopreno é insumerxible incluso no peor dos escenarios. Isto é, engadindo un peso suplementario excesivo (chumbo no video)
- O vadeador de pvc tamén flota, si ben esta flotabilidade ven dada en gran parte polo aire que garda no interior. Isto poderiamolo extender ós transpirables.
- Nos dous tipos de vadeadores se pode nadar con eles aínda có interior inundado.
- En ambos casos a flotabilidade mellórase moito cun chaleco salvavidas.
- Sempre que vadeemos en augas profundas usar o cinto para evitar as entradas de auga masivas e a perda de aire que actúa como reserva de flotabilidade.
- No caso de ríos profundos e augas rápidas levar un chaleco salvavidas (os autohinchables son ideales e no Decathlon están a 60 €) ou no eu defecto e como solución barata de reserva de flotabilidade, meter un recorte de plancha de foam ou similar no bolsillo traseiro do chaleco (o do impermeable)