viernes, 23 de enero de 2015

Muxes en Lires

Boas de novo.
Como poderedes ver non ando moito por eiquí dende hai unha tempada. O motivo non é outro do arranque dun novo proxecto profesional relacionado coa pesca.
Concretamente estou a traballar como vendedor na tenda de pesca e caza Mar da Xoyba, na rúa de Vigo nº 5 de Narón.
Como estou en horario de mañá e tarde, o tempo faise escaso para tantas cousas que suceden no día e por iso o blog está ''un pouco esquecido''.
Pois nada, dito isto, e esperando que me faghades unha visita (inda que non merquedes nada) aproveito para recordarvos o link á páxina de Facebook da tenda https://www.facebook.com/pages/Mar-da-Xoyba/1520212511564072?ref=aymt_homepage_panel

No seu momento comenteivos que vos mantería informados da emisión do programa que gravamos o Santi Nitas e mais eu en Lires o ano pasado tralos muxos de Lires.
Pois ben hoxe ás 18:00 horas poderédelo ver na 2 en Jara y Sedal.
Espero que o desfrutedes.



PD: Xa tendes o enlace do programa operativo neste link http://www.rtve.es/alacarta/videos/jara-y-sedal/