martes, 29 de abril de 2014

PESCA E PROHIBICIÓNS. TÉCNICOS EN ESTADO PURO


Como parece que a cousa está a quentarse e xa algún preboste estivo a dar pistas (parece que segundo el está a cousa moi permisiva) propoño facer unha porra para ver cales poderían ser as próximas prohibicións pesqueiras que se lles ocurran en Gran Hermano ...


Eu vou abrir lume coa prohibición da pesca do reo no mes de Setembro.


No seguinte enlace podedes ver (minuto 45) como o sempre sen sin par D Francisco Hervella, a la sazón e segundo o seu perfil en Linkedln, Técnico superior ambiental da Dirección Xeral do ramo, defende o remate das segundo el, medidas aperturistas na pesca do reo.


Segundo el a cousa está moi mal en toda Galicia. Recoñece a falta de datos porque segundo el o sistema de guiado non é en absoluto fiable. Iso si, di que a abundancia de peixes e o seu tamaño descenderon, polo que hai que rematar coa actual alegría, pero xa (ai, o aperturismo ese ...).

Non tiña pensado nin siquiera contestarlle, pero como sei que o silencio dos pescadores e as sociedades fai fortes a estes artistas diante dos seus xefes, si o vou facer. A todo este dislate se me ocurren un par de reflexións:


  • En primeiro lugar recoñece que o guiado como sistema estadístico non funciona. Pois ben, senon é útil elimíneo. No caso contrario, incremente a presión de vixiancia para facelo útil, pero non faga de trailero e nos trate de enganar con bolas inexistentes.
  • Outra mais.  Fala de datos de capturadeiro. Eses datos ata onde se pode saber serán os do Ulla, polo tanto con datos parciais (unha soa bacía fluvial) e sesgados non me faga xuizos de valor para extrapolar unha medida ''contraaperturista'' a todo este país. O dos datos sesgados o digo porque non hai moito tempo se sabía que os datos deste capturadoiro non son digamos ''de fiar''. A desaparición de salmóns e lampreas do seu interior, paleados por un peón, fanme supoñer que os reos grandes seguiron idéntico fin. E isto durante varios anos. Que valor de serie estadística pretende invocar con estes precedentes?
  • Item mais. Se no caso de ríos como o Xuvia, claramente aumentou a entrada de migradores, no caso reos, pretende aplicarle tamén a ''limitación do aperturismo'' esa que propugna?
  • E finalmente. Poden as súas consideracións persoais e o seu ultraconservacionismo afectar á practica da pesca a pesar de que recoñece a súa falta de datos, coa excepción dun cauce fluvial?

Espero que todo isto se quede nun quecemento de boca que tivo nun medio público, onde o tono inquisidor que se lle espera a un periodista, foi claramente rebaixado nesta nova etapa. Con eses palmeros pode vostede decir todo o que lle dea a gaña, que en ningún caso as súas respostas se verán comprometidas por preguntas inoportunas e críticas.
O que me molesta de todo isto, é que en 19 anos de exercicio na administración galega as súas propostas sempre foron neste sentido. É vostede contumaz, pero da liña dura.
Está claro que os seus obxectivos son os Atilas da cana e o Nylon, que evidentemente superan en perigosidade ó resto de factores, sen ningún xénero de dúbidas.

E estas son as miñas preguntas. Como colofón non se me pode ocurrir outra cousa que poñer un retrato dun Equus asinus africanus. Non mo tome a mal, e que un artigo sen fotos nesta sociedade tan visual na que vivimos, pois non quedaría ben.



Citando a Senén Paz: A xenialidade é un restrinxido patrimonio 

lunes, 28 de abril de 2014

Master de Waldemar en proceso de ebullición ¡¡¡

Para os que me coñecedes xa sabedes que ir ó Waldemar é como unha especie de relixión, que profeso con mais fe que outras apócrifas e falsísimas e que non teñen consideración pola pesca a mosca.
Como nos últimos anos e seguindo fiel ó que para min é a pesca, non competirei, e adicarei tódolos meus esforzos a estar cós amigos e facer canfurnada. Por iso, e para non molestar ós que se van batir o cobre, retirareime ó Xeriátrico en compaña da miña rapaza e de Piñeiro, Guy, os Longo e todos aqueles que levamos a pesca ''a outro ritmo'', nen mellor nen peor.
Pois iso , que eiquí tendes a cartelería e nus días colgarei as fotos do evento.
Por certo, quedou bárbaro có fondo de De la Torre, por su madre ¡¡¡

viernes, 18 de abril de 2014

Muxes en Lires. E os carretes cantaron de novo ¡¡¡

Pois aproveitando que o Castro pasa por Lires (en realidade dame un pouco igual por onde pasa o Pisuerga, que anda un pouco lonxe demais) decidimos irlles dar unha pasadiña ós Principes pobres o Xoves Santo.
Se ben hai poucos días ainda estiven pola ría atizándolles duro, Lires é diferente. Tanto no tamaño, como na cantidade e pola seguranza de que no peor dos casos as pescar.
Finalmente xuntámonos o núcleo duro e houbo xente que por motivos varios non puido vir.
Recollo ó Santi ás 7:00 no Pedrido e os ollos de ámbolos dous acusan o madrugón. Pero a ilusión de ir ó paraiso dos príncipes das mareas acaba có soño.
Cafelito en Casa Valentín ás 8:30 e asomada á ría ás 9:30, que a marea non espera por ninguén.
O día toldado e cun neboeiro persistente  non presaxiaba nada bó, pero Lires é moito Lires e non defraudou.

procesión en Lires. O chorro con overbooking

O meu tocayo dándolo todo


primeiras clavadas

Santi Nitas apretando


Marcos Cagiao, coma sempre a tope
Cagiao pai tardou en poñerse as pilas, pero logo non quedou atrais

unha peza curiosa do que suscribe

e os dobletes, ainda que menos que outras veces,  sucedéronse

novas moscas

Como podedes ver algún collimos, pero estaban recelosos e non collían a mosca como noutras ocasións que temos oficiado por eiquí.
De feito posturas tan cobizadas como o cadoiro do chorro non rendiron en absoluto. Sintoo por Marquiños, que saeu como un foguete deixando a todos atrais a por ela e logo de romper os cornos, rendeuse á evidencia e voltou cós mais a arrear en augas mais tranquilas.
Segundo foi levantando o neboeiro e o sol comenzou a sorrir, a cousa mellorou, pero en ningún caso foi o mellor día dos que tivemos neste edén.
Por último salientar as probas de mar de novas moscas que viñeron a complementar as archicoñecidas Baetis forneira (imitación de pan), os camaróns de abalorios plásticos e as ninfas de marabou. Neste caso e como non podía ser menos foi o Santi o que trouxo un concepto novidoso e efectivo, en forma de boliñas, parecidas ás egg fly de intensivo, pero de mais doado montaxe. Son unhas boliñas de manualidade que simplemente pegadas no anzol van de marabilla. A pena é que duran simplemente un par de peixes. Podedes ver unha na últina foto.
En fin, que as canas doblaron, o corcho das empuñaduras renxeu, algún terminal do 24 parteu e a diversión foi espléndida. 
Non se escoitou tanto coma outras veces o berro da cuadrilla: AGHARRATE ÓS CAÑOTOS NON VES QUE TE ARRASTRA?, pero con todo foi suficiente e os brazos veñen resentidos.
Coma dixo Mac Arthur logo de retirarse de Australia: Voltarei ¡¡¡

Créditos das fotos: Santi Nitas e Marcos Cagiao

viernes, 11 de abril de 2014

O Narcea, un mare ¡¡¡

O martes pasado como o aburrimento pesqueiro na comarca de Trasancos é moito, e soamente se pode rachar indo ó encoro, sumeime a unha expedición para irlle dar un ataque ó Narcea.
O liante foi Gonzalo, alias o cociñeiro, que se acorda dos amigos e chamoume para ir aló.
A pesar do madrugón a verdade é que coa apertura dos tramos que restaban na autovía do Cantábrico a viaxe ata Cornellana é un paseo. Incluso a parte a priori mais perigosa no tramo correspondente ó Alto da Corda, que pasamos a ir e voltar con neboeiro, agora pola iluminación especial que ten a autovía para estes casos, é moitísimo mais seguro que cando iamos pola Xesta.
Pois iso, que nunha hora estabamos en Ribadeo e que en outra mais xa andabamos almorzando no Marios en Cornellana.
Logo de falar có propietario e aconsellados por el, decidimos que tal como estaba o río o seuu sería abordalo na Isla e en Carbajal e así o fixemos.





Como podedes ver a Isla estaba no límite do pescable ...Para quen tiña equipo adecuado ...
A Ironfeather de 12,6  do 8 # có baixo plomado e os tubos toupea un pouco. É unha cana estupenda para pescar con baixo flotante e moscas tradicionais, pero que con artillería pesada colapsa. Isto non me preocupa cando vou ó Eo, pois de feito esta cana a merquei para o río no que pesco habitualmente, pero o Narcea evos moito Narcea, e necesita con augas altas equipo específico. Pero para 2 veces que veño no ano, non vou mercar unha 15 pes nin unha skagit plomada. Así que ajo e auga (e moita que había) e pescar mais arrimado. Total de haber salmóns eles tamen habían de arrimar ...
Gonzalo, pola súa parte cun cañón Diamonback de 15 pés e línea do 10, non tivo problemas. Arrastraba o baixo rápido. Arrastraba os tubos. E arrastraría un gorrión amarrado polos pés se o puxera ...
Pero nin có mellor equipo, se non hai salmóns ou se os poucos que hai están desganados e camuflados no medio dun mar océano, se pode facer moito.
Logo de mallar a Isla a tódolos xeitos e ocurrencias, decidimos cambiar a Carbajal.
Carbajal, como podedes ver, estaba mais pescable. Sempre aguanta mais auga, pero esta estaba fría de carallo e mais de 10 min vadeando, a pesar do neopreno de 5mm, eran unha tortura.
En Carbajal había dous ribeireños cós que estivemos de palique e que non tiveron inconvinte en que pescaramos á nosa comenencia. Nin media hora nin ostias. Así da gusto. 
Un deles, que se chama Juan, pescaba a devón,cousa hoxendía pouco vista e inda nos regalou un destes aparellos, que será oportunamente fusilado para usar en condicións similares á deste día. Por si me leeras, graciñas meu.




E isto foi o que deu o día de si. Picadas ningunha. Tiven un susto de carallo cunha pola que baixaba sumerxida, e que pensei que era o premio gordo. E o mais importante foi estar todo o día de leria cun amigo, coñecer xente nova da ribeira e como non parar en Cornellana a saudar a Bea no Central e xantar como príncipes no Ricardo.
Un día completo.
E por último darlle as grazas a Gonzalo nos créditos por todas estas fotos que lle paleei e que fixo coa Go-pro. Cando se vai lonxe pódese levar casi todo. Todo nunca. E eu fun sen a cámara.

miércoles, 2 de abril de 2014

Xuvia a polo VIII CAMPEONATO DE ESPAÑA OPEN DE SALMÓNIDOS MOSCA-CLUBES


  O equipo de pesca a mosca da “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” constituido por Rafael Bellas, Vicente Pico, José Manuel Baldonedo y Alberto Mera, asistirá ó VIII CAMPEONATO DE ESPAÑA OPEN DE SALMÓNIDOS MOSCA-CLUBES, CATEGORIA ABSOLUTA” que se celebrará en no río Piloña-Infiesto (Asturias) entre os días 4 al 6 de abril .
Van aló logo de clasificarse campeóns galegos de esta modalidade o pasado año no mes de maio nos ríos Anllóns e Xallas.
É a 2ª ocasión na que o equipo participa neste campeonato en tan solo tres anos, sendo o clube mais laureado de Galicia nesta modalidade.


Ata eiquí foi a nota de prensa oficial e asèptica e a foto de nenos bons.
Agora o meu comentario persoal.
Aparte de ser bós amigos meus, os bergantes que vedes na foto son unha pandilla de fenómenos da mosca, cada un coa súa persoalidade e estilo. Pero fan un equipo de primeira, que como xa comentei arriba, leva un palmarés impresionante nos derradeiros anos.
Van para maiores, pero como dí o refraneiro, mais pode o raposo por vello que por raposo ¡¡¡       
Un equipo para estar totalmente fachendosos nunha pequena sociedade como é Xuvia.
E por isto non me quedan dúbidas de que van traer de volta o Trofeo do Open, así sexa pola orellas.

A POR ELAS RAPACES, QUE SON MOITAS E COBARDES

Sortiña e esperemos que o río se comporte. 

Quero dende estas liñas aproveitar para dar as grazas ós patrocinadores de este equipo de competición. En primeiro lugar ó diario de pesca Trueiro, a tenda de pesca Agropesca de Fene e a tenda de bordados e gravados Enfios.com.