martes, 29 de abril de 2014

PESCA E PROHIBICIÓNS. TÉCNICOS EN ESTADO PURO


Como parece que a cousa está a quentarse e xa algún preboste estivo a dar pistas (parece que segundo el está a cousa moi permisiva) propoño facer unha porra para ver cales poderían ser as próximas prohibicións pesqueiras que se lles ocurran en Gran Hermano ...


Eu vou abrir lume coa prohibición da pesca do reo no mes de Setembro.


No seguinte enlace podedes ver (minuto 45) como o sempre sen sin par D Francisco Hervella, a la sazón e segundo o seu perfil en Linkedln, Técnico superior ambiental da Dirección Xeral do ramo, defende o remate das segundo el, medidas aperturistas na pesca do reo.


Segundo el a cousa está moi mal en toda Galicia. Recoñece a falta de datos porque segundo el o sistema de guiado non é en absoluto fiable. Iso si, di que a abundancia de peixes e o seu tamaño descenderon, polo que hai que rematar coa actual alegría, pero xa (ai, o aperturismo ese ...).

Non tiña pensado nin siquiera contestarlle, pero como sei que o silencio dos pescadores e as sociedades fai fortes a estes artistas diante dos seus xefes, si o vou facer. A todo este dislate se me ocurren un par de reflexións:


  • En primeiro lugar recoñece que o guiado como sistema estadístico non funciona. Pois ben, senon é útil elimíneo. No caso contrario, incremente a presión de vixiancia para facelo útil, pero non faga de trailero e nos trate de enganar con bolas inexistentes.
  • Outra mais.  Fala de datos de capturadeiro. Eses datos ata onde se pode saber serán os do Ulla, polo tanto con datos parciais (unha soa bacía fluvial) e sesgados non me faga xuizos de valor para extrapolar unha medida ''contraaperturista'' a todo este país. O dos datos sesgados o digo porque non hai moito tempo se sabía que os datos deste capturadoiro non son digamos ''de fiar''. A desaparición de salmóns e lampreas do seu interior, paleados por un peón, fanme supoñer que os reos grandes seguiron idéntico fin. E isto durante varios anos. Que valor de serie estadística pretende invocar con estes precedentes?
  • Item mais. Se no caso de ríos como o Xuvia, claramente aumentou a entrada de migradores, no caso reos, pretende aplicarle tamén a ''limitación do aperturismo'' esa que propugna?
  • E finalmente. Poden as súas consideracións persoais e o seu ultraconservacionismo afectar á practica da pesca a pesar de que recoñece a súa falta de datos, coa excepción dun cauce fluvial?

Espero que todo isto se quede nun quecemento de boca que tivo nun medio público, onde o tono inquisidor que se lle espera a un periodista, foi claramente rebaixado nesta nova etapa. Con eses palmeros pode vostede decir todo o que lle dea a gaña, que en ningún caso as súas respostas se verán comprometidas por preguntas inoportunas e críticas.
O que me molesta de todo isto, é que en 19 anos de exercicio na administración galega as súas propostas sempre foron neste sentido. É vostede contumaz, pero da liña dura.
Está claro que os seus obxectivos son os Atilas da cana e o Nylon, que evidentemente superan en perigosidade ó resto de factores, sen ningún xénero de dúbidas.

E estas son as miñas preguntas. Como colofón non se me pode ocurrir outra cousa que poñer un retrato dun Equus asinus africanus. Non mo tome a mal, e que un artigo sen fotos nesta sociedade tan visual na que vivimos, pois non quedaría ben.



Citando a Senén Paz: A xenialidade é un restrinxido patrimonio