jueves, 18 de julio de 2013

E XA VAN 10 ANOS DE WALDEMAR

Pois, iso que esta edición o torneo de pesca ''mas mejor'' do mundo mundial (a pesar de que o meu corazonciño está con Xuvia) cumpría a decena.
E a cousa non desmereceu. Non o dubidabamos, pero non desmereceu. Oscar e Juliño sempre dándolle unha volta de fuso mais e sen engañar o rumbo.
Fumos xente de case todo o panorama da pesca galega. Non vou citar a todos os clubes e xente, que é algo moi feo iso de esquecer a alguén, e mais cando é un amigo. Porque algo que distingue a Waldemar de outros eventos é precisamente que é unha grande reunión de amigos. Amigos que se deixan a pelexa competindo, pero que cando o rival remata a manga, son quen de darlle unha aperta e felicitalo de todo o corazón.
E logo a choiva de estrelas. Sin demerecer do primeiro ó últmo dos que competiron, ter entre eles a un crack coma Arcay exercendo de Campión do Mundo, e de paso gañado o torneo, e un tricampeón como Pascal, entre o elenco, non deixa de ser un luxo asiático.
Bueno, iso para os que compiten.
Para os que non o saben en Waldemar aparte de poñerte ó nivel dos grandes, de disputar no río con eles, tamén se pode optar por outra vía. E esa é o Xeriátrico.
Esta institución, creada dende o comezo dos tempos de Waldemar, ven sendo un ceminterio de elefantes onde recalamos os que pensamos que a competición está ben e é necesaria, pero non é é para nos nin para os nosos bioritmos ...
Estar pescando con Guy, aprendendo có mestre Longo, e rindo a morrer con Piñeiro, non é un prato que che poidan ofrecer en moitos sitios. E o mellor é que hai un momento que as tres funcións dos tres mestres solápanse, e podes estar cun Guy que é un cachondo, rirte con Longo e aprender con Piñeiro.
Se algo lamento profundamente, é que o ano que ía coincidir có Doctor no xeriátrico, este deixounos para pescar naqueles ríos onde o peixe nunca para de picar.
E despois a mesa. A mesa de Waldemar é algo así como estar o día do patrón coa túa avoa coidando de ti. Pero neste caso xa Mónica, Oscar e todo o seu equipo xa fan de avoas. Come, neniño, come ¡¡¡
En fin que mais decir sin ser un pelota.

Graciñas por todo

E a continuación, deixando de pelotear, vou ilustrar o que aló pasou. Unhas fotos nunca veñen de mais.

e as canas xuntáronse de novo
e as festas gastronómicas comezaron
e non eramos poucos
e as noites e a paparota fixeron das súas
e viñeron os do xuvia
e no xeriátrico algunha se enganou có bicho radioactivo
e pola noite falou Torres
e invadíronnos os alieníxenas
e Juliño fixo de mestre de cerimonias como el sabe
e Arcay tocou o corno
e gañou a 10ª edición do mellor torneo de pesca
e nomeamos misters
e as bicicletas cairon ...
e o gran Longo trouxo cuadros con arte
e Miguel quixo revalidar e driblou todo o que puido
e viñeron tódolos Mera que no mundo son
e houbo a quen lle recordaron a súa (breve) incursión no mundo das catro rodas
e o padre Longo celebrou os Misterios dos Macroinvertrevrados
e acordamos dos San Fermines polos que de aló viñeron
e despois de todo isto, que San Antoniño nos valga ...