martes, 9 de junio de 2015

Corzos abandoados-Deixemos á Natureza seguir o seu plan

Non tiña moi claro como iniciar este aviso, pero aí vai.
Chamádelle contumacia, pero indo en contra corrente e da tendencia animalista e de mundo Disney que asola á sociedade, pretendo compartir un tema que todas as tempadas de cría, asola ás poboacións de corzo.
Non hai moitos días, no Facebook compartía unha entrada avisando de que baixo ningún concepto se debían recoller os corciños que durante este tempo de parideira, son atopados en ocasións no campo ou no monte.
E o motivo non é outro que constatar que a pesar de tódolos avisos, sucedeu o inevitable.
Acaba de chamarme unha coñecida e decirme que que fai có corzo que acaba de recoller no monte ...
Dúas cousas. En primeiro, non se recolle un corciño para condealo a morte (que é o seu fin case inevitable) ou para condealo ó cativerio (porque unha vez troquelado é imposible a súa reintroducción) sen ser un animal doméstico, pero sin poder adapatarse á vida doméstica. Item mais seguro que a nai dese corciño, estará nestes intres a buscalo. Seguro que non se deixou ver, pero estaba á espectativa preto de onde o atoparon.
Sei que a xente (como neste caso) faino coa mellor intención, pero na Natureza as cousas non son así. Ela ten os seus plans. A nai está aí para valerlle dende a distancia a ese corciño que ti pensas abandoado e desvalido. E se a nai non estivera, pois xa haberá un depredador que se faga cargo del (depredador que nesta época tamén ten crías).
Deixemos ó lado sentimentos e pensemos que a Nai Natureza, ten un plan e uns números para todo. Non pretendamos ser deuses e decidir a quen debemos salvar a quen non. As perdas por depredación son naturais e asumibles nos ecosistemas, e fan que soamente os mellores subsistan e fagan pervivir os seus xenes. Non tratemos de modificar algo tan natural

INSISTO: A NAI NATUREZA SABE