jueves, 12 de junio de 2014

XIII CAMPIONATO DE SALMONIDOS MOSCA CIDADE DE NARON

O derradeiro fin de semana do mes de Xuño terá lugar a edición 12+1 deste xa tradicional campionato de pesca a mosca.
Na cartelería que xuntamos tendes o teléfonos de contacto para as inscripcións, e en todo caso podedes poñervos en contacto con nos no enderezo electrónico arrotreba@gmail.com.
A proba extenderase ó longo de toda a xornada en 4 mangas (2 pescando e 2 controlando) nas que cada pescador pescará un tramo do couto troiteiro de Xuvia e outro do SM de San Sadurniño.
O punto de reunión será tódolos anos o Bar os Rubios, situado na Mourela (Concello de Neda) e comenzaremos coas inscripcións ás 7:00 h.
A dirección técnica estará a cargo de Alberto Mera e a organización é da Sociedade de caza e pesca Xuvia.
Salientar que os 5 primeiros da táboa clasificatoria quedan clasificados para o Master Miguelpesca que se celebrará no couto SM de San Sadurniño no mes de Setembro.