jueves, 19 de enero de 2012

Orde vedas pesca 2012. Reeepetimos ...

Eiquí tendes o enlace coa orde completa : http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120118/AnuncioC3H1-090112-10808_gl.html

Como naquel anuncio antigo de postres lácteos reeeeeepetimos.
Temos de novo  unha orde de vedas anclada no pasado e que nada aporta de novedoso na xestión da pesca fluvial das masa de auga de Galiza.
Continuamos coa imbecilidade de poñer cortapisas á pesca sen morte en augas con migradores. Vexamos art. 3, 1, d : Coutos e tramos de pesca sen morte: do 18 de marzo ao 30 de setembro con carácter xeral, aprazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmoneiras, masas de auga de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.
Alguén me podería xustificar como nunha masa na que a priori non debería existir extracción, onde xa conclueu o desove e non existen outros problemas se prohibe a pesca sen morte?
Creo que non  porque os argumentos que se levan exposto (suposto dano ós migadores de baixada) non se sosteñen de ningunha maneira, polo menos en ausencia de estudos sobre o tema. Pero claro, o pescador con cana é culpabel ata que se demostre o contario...
Por supostísimo e a pesar de que sociedades como Xuvia o pediron por escrito, non temos ningún embalse para pescar a troita na tempada de veda no río. Nin con morte, nin sen morte, como era a nosa proposta. En fin  mais do anterior. O o varal presunto culpable, mentras non demostre o contrario.
Polo menos quédanos o consolo de que un dos atentados ideolóxicos da tempada pasada dos grupos ultraconservacionistas, cal foi o ataque á pesca tradicional personificada no caso do risco, nesta orde de vedas desactívase e se volve a permitir a pesca con risco entendido este como foi sempre: Cun triple  e en superficie.
Compre destacar tamén a posibilidade de pescar os xoves na modalidade sen morte nos coutos consorciados con sociedades.
En fín, a orde é un galimatias que hai que analisar coa axuda dun avogado e un notario, sendo comenente levar a ambos persoeiros na vosa compaña mentres esteades na ribeira do río.

Que Deus reparta sorte ...

jueves, 12 de enero de 2012

1º Curso para a formación e probas de selección de novos Artesáns

Pois iso, que como existe demanda para incrementar o colectivo e non sería xusto deixar a xente moi preparada e válida que pupula polo mundiño da montaxe e construcción de artificiais en Galiza, dase o primeiro paso para permitir o acceso a Artesáns.
Ocúrrenseme polo menos unha ducia de persoas que poden, e diría eu mais, deben, procurar o acceso a Artesáns. E imaxino que haberá moitísimos mais que eu non coñezo.

Animádevos e aló nos veremos.