lunes, 4 de julio de 2011

CRONICA DO XI CAMPIONATO DE MOSCA CIDADE DE NARON

En data 2 de Xullo celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
O lugar da competición foron os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño sen morte.
Contouse coa participación dun total de 34 pescadores, chegados de puntos tan dispares como León, Asturias e outras provincias galegas.
A proba deu comenzo ás 9:00 h, logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós participantes na Cervecería Marvil.
Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.
A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (176) para o que acostuma a ser un campionato, e tamén hai que reseñar o feito de que ningún participante fixera ningunha bicicleta (doble cero).
Na manga da mañá hai que destacar que todos os tramos renderon capturas en abundancia, pese a que foi comentario común o escaso tamaño das capturas, posiblemente polo baixo nivel das augas, feito mais acentuado no couto sen morte, que en moitos tramos está baixo mínimos.
Tamén na manga da mañá hai que destacar a presenza de formigas voladoras nalgún dos tramos, feito que fixo despegara ás troitas e facilitou a súa captura con imitacións de terrestres.
No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.
A manga da tarde caracterizouse por un inicio tórrido, cunha calor case tropical, que aplatanou as troitas en moitos dos tramos. De novo as imitacitacións de terrestres foron as moscas mais rendedoras.
No final da tarde, xa case empezado o sereno, a entrada dun fronte frío e a brusca baixada de temperaturas estragaron as ilusións dos participantes do segundo turno, ralentizando as capturas de forma brusca.
No anectotario do día destacar as persecucións ás que foi sometido Vicente Pico por parte dos parrulos lavancos que viven na parte baixa do río. Tanto o quitaron das súas casillas, que xa estamos pensando en cambiarlle o nome de Papito polo de Patito.
Tamén sinalar que logo de obter o 3º posto na proba o presidente da entidade manifestou publicamente a súa intención de retirarase da competición, xa que lle parece imposible volver a obter resultado tan bó. Nada mellor que unha retirada na cima do éxito.

Finalmente a clasificación que dou como segue:

Rafael Bella Bermúdez
2º Jose Manuel Baldonedo
3º Eloi Saavedra Vidal
4º Daniel Mera
5º Rubén Brage Manivesa
6º Carlos A. Sanchez Martinez

Peza maior Eduardo Fuentes

Maior nº de pezas Rafael Bella Bermúdez

A entrega de premios tivo lugar na Cervecería Marvil, onde se puido degustar un estofado de xabarín dos que quitan o sentido preparado pola Maribel e con carne procedente dos xabaríns cazados pola cuadrilla de caza maior da Sociedade.
Mención a parte merecen as marabillas de trofeos confeccionados pola artesá de Laraxe (Cabanas) Lupe Mesía, realizados en vidrio fusionado e que acabaron de lucir un día perfecto.
Expresar o noso agradecemento a tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.
Tamén temos que expresar a nosa ledicia polo bon estado que presentan as augas e fondos do río, que presentan unha capa de briofitas (musgos de río) que fala moito do bon estado do río. Esta alegría está matizada pola alarmante baixada de nivela das augas causada pola seca desta primaveira. Esperemos que algún trebón alivie un pouco esta situación, porque senón todas estas melloras que experimentou o río poderían botarse a perder chegado o mes de Setembro, no que poderíamos estar ante unha situación de extrema gravidade.
Recordar finalmente, que os cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, se a seca o permite, no couto de pesca sen morte de San Sadurniño, en data 3 de Setembro. Ó estra clasificado Rafa Bellas con anterioridade, entra no Master o 6º clasificado Carlos A. Sanchez Martinez.

ELOI SAAVEDRA VIDAL/PRESIDENTE DE ASOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA

o tamaño dos escarabellos no xuvia

os trofeos

a concentración pola mañá

rubén brage pescando na presa de loureiro (san sadurniño)

o padre mera pescando e as dánicas eclosionando

mera vello no pozo das pedras

o campión rafa bellas

os meus 30 segundos de gloria

remate de cena e persoal tomando as copas ó raso

DE ESCARABELLOS E CONCURSOS

Non tiña moi claro como ía escomenzar este blog.
Por un lado apetecíame falar de algun tema de montaxe. Por outro contar cousas que me pasaran coma pescador.
E finalmente a celebración do XI Concurso de pesca a mosca Cidade de Narón púxomo mais doado.
Podería facer eiquí unha crónica do concurso, pero a iso vou adicar outra entrada.
Nesta caso quero falar dunha nova mosca (bueno non tan nova) que creo que foi fundamental para que un paquete do meu calibre se clasificara de 3º neste campionato.
A presenza de abundantes cascudos nos ameneiros do Xuvia e unha incipiente eclosión de formigas en torno ó mediodía fixeron o resto.
Vaimos por partes.
Levo pescando con escarabellos (bichos no argot) durante varias tempadas. E cada vez me gustan mais.De tempadas anteriores é o Bicho radioactivo, do que falaremos noutra ocasión, e que xa leva pescadas varias especies, tanto salmónidos como ciprínidos.
O que vos presento a continuación é un desenvolvemento da tempada actual, a raíz de ler un artigo de Arturo Alonso en Aguas Vivas, revista altamente recomendada e como digo eu das que te pon  a pensar e das que podes aprender.
O caso é que as imitacións do bicho do ameneiro, a pesar de ser consumidas con profusión polos salmónidos autóctonso, non son moi extendidas.
Logo de comenzar a montalos con foam non quedei contento cós resultados (como lle expliquei a un pescador foráneo o bicho facía plif, e eu quería que fixese plaffff) e busquei un novo material de base.
E este foi o neopreno. Pero para os nosos fins non vale un neopreno calquera. En primeiro lugar debe ser altamente flotante. E despois soportar as torsións do montaxe e dar o aspecto bruñido do élitro do escarabello. E eiquí apareceu o chicle.
Os traxes chicle son de un tipo de neopreno non forrado (que por certo é incomodísimo de vestir, pois hai que usar xabón para encaixalo) que ten as características anteriores.
A continuación tendes o paso a paso:

Como podedes ver o aspecto é bastante similar ó natural.
Monteino en tamaño grande, nun #10, para reo, pero poidovos asegurar que este sábado pesqueino nun #14 e creo que foi o detalle que me fixo quedar nos primeiros postos.
Para que vexades que o tamaño dos naturais que andan na ribeira non é mais pequeno eiquí tendes un exemplo

Acordádevos, se non fai plafff ¡¡¡, pescará menos.
Desfrutadeos e se os necesitades montados tendes o meu correo.