jueves, 3 de julio de 2014

Clasificación XII torneo Cidade de Narón Salmónidos a Mosca





Imagen de la entrega de premios al ganador del torneo.
Oscar Gayoso, socio da sociedade de Caza e Pesca Xuvia, impúxose seguido de preto por Mera e Busto

Resultados do XII Torneo Cidade de Narón organizado pola sociedade de Caza e Pesca Xuvia, disputado o pasado 28 de Xuño no rio Xuvia.

Primeiros 10 clasificados









Destacar o grande número de pezas acadado no torneo, que achegáronse ás 500, posibilitado polo bon estado do río pola choiva caida de madrugada.

Podio do campionato



Apuntar que no meu caso non participei porque esa mesma mañá andaba alebrestando salmóns en Ximonde.
Esta irresponsabilidade do presidente é posible porque teño un equipo directivo que vale un collón e sei que a cousa vai ir sobre rodas, falle quen falle. 
Para poñervos os dentes largos, comentar que pesquei ata as 12 da mañá. Toquei un bó reo e 2 salmóns. O reo literalmente, porque por un  fallo de ''recepción'' voltou á auga (está ben aló) . No caso dos salmóns, un apañoume con equipo de reo e desarmoume nun par de minutos e o outro  si que o desfrutei. Case 20 minutos de pelexa brutal nas correntes de Reboredo logo de apañar unha Red Francis da fábrica de Trasancos.E logo de todo isto, tratei de metelo á sacadeira eu solo (o gancheiro marcho para a casa ás 10 da mañá pingando como un pito) e perdinno á entrada da mesma. Un alabastro grande e mouro, que imaxino entrado polos meses de inverno. E tamén vai ben aló.

Un día para recordar, pola pesca dos demais e pola xornada en Ximonde.

E rematada a competición, unha paparota bárbara no Rubios con Zaira dándolo todo.
Eiquí podedes ver como incluso os que fallaron nas mangas do río, acadaron uns postos bastante mellores coas mesas ben repoboadas ...