E imaxino que as robalizas tamen andan no mesmo.
Estes días veuse unha gran mancha de peón (Ahterina presbiter) na desembocadura do Xuvia. A falta de caudal do río e atemperatura da ría serán os responsables, imaxino.
O caso é que a remolque deste cardumen apareceron cantidade de reos que se están internando xa no río logo de pórse cegos cos peóns.
Ven isto a conto de que tamén seguindo a estes adiantados turistas estivales, tamén estarán as robalizas internándose na ría.
E como non todo van ser salmónidos, púxenme mans á obra pola tarde, e isto foi o que saeu do torno entre outras cousas.
Muxo verdoso |
Muxo traslúcido |
Muxo de lá de ovella |
Un pequeno banco de muxos |