lunes, 5 de mayo de 2014

Radio Galega e soberbia


Decía nun artigo que publiquei en Trueiro, citando a Sócrates ''O orgullo enxendra ó Tirano''

Pois ben, non debía estar moi desatinado o ateniense hai 2400 anos cando sentenciou desta maneira.
O caso é que a realidade é teimuda e o tempo corre en contra do soberbio e do mentireiro

A estas alturas sairon os datos do EGM (Estudio general de medios) e concluén que logo da artistada perpetrada entre a inefable directora da Radio Galega e á súa 2ª de abordo a tal Gloria Ferreiro, directora de programación, para sacar de antena o programa Ríos e Montes e sustituilo por outro ''mas mejor'', as cousas non sairon como pretendían vendernos e todo foi un soño dunha noite de vrao.
Os datos da 1º oleada do EGM son claros. O novo programa que evn a sustituir a Ríos e Montes, chamado Caza e Pesca na Galega, non acadou nin un só ouvinte neste estudo.
Espero que neste caso se entoen lamentacións e desculpas varias, pero non que se asuman responsabilidades. Non é o estilo de Españistán ¡¡¡
En calquera caso, e logo de dilapidado o capital de 42.000 ouvintes do programa anterior, non me queda desexarlle ó Rapsoda de Vimianzo mellor sorte na próxima virada. E que ultimamente non lle sae unha a dereitas e anda o probe algo desbaratado ...

Xa o decía o sumiller. Os experimentos...Con gaseosa ¡¡¡

FOI TODO COMA UN SOÑO