jueves, 12 de junio de 2014

XIII CAMPIONATO DE SALMONIDOS MOSCA CIDADE DE NARON

O derradeiro fin de semana do mes de Xuño terá lugar a edición 12+1 deste xa tradicional campionato de pesca a mosca.
Na cartelería que xuntamos tendes o teléfonos de contacto para as inscripcións, e en todo caso podedes poñervos en contacto con nos no enderezo electrónico arrotreba@gmail.com.
A proba extenderase ó longo de toda a xornada en 4 mangas (2 pescando e 2 controlando) nas que cada pescador pescará un tramo do couto troiteiro de Xuvia e outro do SM de San Sadurniño.
O punto de reunión será tódolos anos o Bar os Rubios, situado na Mourela (Concello de Neda) e comenzaremos coas inscripcións ás 7:00 h.
A dirección técnica estará a cargo de Alberto Mera e a organización é da Sociedade de caza e pesca Xuvia.
Salientar que os 5 primeiros da táboa clasificatoria quedan clasificados para o Master Miguelpesca que se celebrará no couto SM de San Sadurniño no mes de Setembro.

martes, 10 de junio de 2014

Hidroaysen non estragará a Patagonia chilena

Pois iso, que o mundo está de noraboa. Finalmente o Consello de Ministros chileno desbotou a posiblidade de que que estes cabroncetes de Hidroaysen, deixen a Patagonia chilena como o noso Pai Miño e o seu afluente o Sil: Embalsamada
Impúxose o ben común e o proxecto de destruir un dos ecosistemas fluviais mellor conservados do mundo queda no papel.
Felicitar a tódolos chilenos que se significaron nesta loita e felicitalos por non permitir cometer no seu país os erros que xa cometeramos por eiquí hai moitos anos.



Enlaces ás noticias de varios medios:
http://www.bbc.com/news/world-latin-america-27788286

http://www.lasegunda.com/Noticias/Nacional/2014/06/940852/Comite-de-Ministros-resuelve-hoy-el-futuro-de-Hidroaysen

http://www.eldinamo.cl/2014/06/10/ahora-hoy-comite-de-ministros-decide-futuro-de-hidroaysen/



Esperemos que a Patagonia que coñezan os nosos netos sexa esta e non os ríos embalsamados ós que tan afeitos nos teñen os artistas de ENDESA e os seus amiguitos e lacaios como a inefable Elenita Salgado, metida nesta allada ata as trancas ....