lunes, 1 de julio de 2013

Crónica do XIII Campionato de salmónidos Mosca Cidade de Narón

XIII Cidade de Narón Campionato de Salmónidos Mosca

Fotos: Miguelpesca, Avelino Lago, Miguel Canto e propias

En data 29 de Xuño celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.

O lugar da competición foron os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño sen morte.

Contouse coa participación dun total de 34 pescadores, chegados tódalas provincias galegas.

A proba deu comenzo ás 9:00 h, logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós participantes no Bar Os Rubios de Neda.

Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca., entre os que se atopaba o actual campión do mundo da especialidade, o coruñés David Arcay. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.

A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (319) para o que acostuma a ser un campionato.

As condicións de partida do campionato eran complexas pola presenza dun molesto nordés dende o comenzo da manga da mañá. Nembargantes o bó nivel de auga do río e a súa claridade fixeron que as condicións entre os pescadores que optaron pola ninfa na súas diversas modalidades e os que optaron polas moscas secas, estiveran bastante igualadas

No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.

Destacar de entre as troitas capturadas un fermoso exemplar de 50 cm que lle deu a Vicente Pico o premio á peza maior. Exemplares como este son xa raros de capturar nun día de pesca común, pero excepcionales durante un torneo de pesca

Finalmente a clasificación que dou como segue:

1º Vicente Pico
2º Alberto Mera
3º Rafa Bellas

Peza maior Vicente Pico


A entrega de premios tivo lugar no Bar O Carreiro de Neda.

Expresar o noso agradecemento a tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.

Recordar finalmente, que os cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, no couto de pesca sen morte de San Sadurniño, en data 14 de Setembro. Neste Master bateranse os mellores pescadores dos concursos oficiosos que se celebran en Galicia



Ata eiquí a crónica oficial, a que mandas á prensa é os amigos que teñen blog e páxinas para facilitarlles un pouco a laboura.
Agora ven a miña impresión persoa e a miña experiencia no campionato.
O río, salvo tramos puntuais ía feito un pincel. Con auga para ninfa en tramos e con augas mansas para seca noutros. Ninguén pode queixarse da pista de xogo, había escenarios para todos, iso si, tramos excelentes noutros anos, e repletos de troitas, este ano eran impescables polo nivel das presas.
Noutra orde de cousas o día de sol e calor en momentos, en certos momentos transformouse nunha tortura, pola nordesía que facía rebotar as moscas en baixos longos.
Item mais. Tiven a sensación en certos momentos de que as troitas estaban mais pendentes ó que caía dos ameneiros, que ás propias eclosións.
Na primeira manga tocoume un tramo espectacular, a antiga presa da Fabián (piscifactoría) hoxe felizmente derrubada polas riadas e que é un escenario de ensoño. Teño que recoñecer que pasei unha hora e 45 minutos de tortura. Rexeitaban o bicho, rexeitaban moscas varias, rexeitaban os tricos. A madre que as pareu ¡¡¡
Pero a 15 minutos e 50 metros da finalización, deulles unha aventada e comenzan a picar á Universal tuneada. E apañei 4, unha ben fermosa. E rinme de min mesmo ...
No tramo da tarde, xa no sen morte e levando de controlador a Papito, cambian as tornas. Segundo me meto na auga, véxome rodeado de troitas, as mais coa barriga pousada no fondo. De novo a Universal tuneada comeza a facer estragos e apaño 6 de medida e dúas pequenas antes de chegar á estación de caudais. Neste punto se bota unha rebañada de vacas a beber no río e paran de picar. Achaco o feito á feirada das vacas, pero non era así.
Cando paso a Ponte da Estrada de Ortigueira as miñas sospeitas confirmanse. Non pica a primeira ¡¡¡. Sigo ata a presa de Mera. Neste tramo o normal é cribar unha dúcia de troitas, tal e como estaban picando abaixo. Nin caso. Revolco soamente unha. Non se cree que sexa o mesmo tramo que fervía hai un rato. 
Decepcionado remato o tramo e controlo no seguinte tramo. E entra Papito. E non se equivoca nen monea. Lee perfectamente o que veu mentras controlaba  e pesca as troitas pegadas no fondo. Pero el faino con ninfa. E apaña 13. Grande o Retobato das Pontes ¡¡¡


Sucedidos do día:
Piñeiro no medio da tabla de clasificacióne iso pescando por compromiso como reserva. Miguel noraboa, pero que saibas que si ben a Virxe se lles aparece ós tontos, iso non é para sempre ...


Item mais. Pinchazo do Campión do Mundo. Non tivo o día e non se adaptou ós tramos que lle tocaron. David, non te preocupes, cocecémoste de hai moitos anos e sabemos quen eres e o que rindes. Un grao non fai horreo. Non obstante recorda que  ós conquistadores romanos cando entraban no foro lles poñían un escravo que lles decía: Respice post te, hominem te esse memento (“mira cara atrais e recorda que solamente eres un home”). O Xuvia fai humildes a moitos grandes e desta vez tocouche a ti. 

 

O abalorísimo de Papito. Podería decir moitas cousas, pero para os que din que no Xuvia non quedan troitas, voulles poñer o video de M Canto.


E todo isto, rematado por uns pinchos servidos con mestría por Juan do Carreiro, con percebes de Cedeira colleitados por un percebeiro que é socio da sociedade, e por unha entrega de premios copada polos Tres Soles do Paragüai, foi o que houbo.

 






Bueno, minto. Despois tamén houbo copas e Festa Ibicenca nos Rubios, pero esa é outra historia e pouco publicable....