martes, 29 de julio de 2014

Navegantes ilegais no couto do Xuvia.

Presentada denuncia contra un grupo de kayaks que interferían coa práctica da pesca no couto troiteiro Xuvia

Na xornada do día 27 de de Xullo do presente, recibeuse o aviso de que un grupo de kayaks (dous, con tres ocupantes) estaban a interferir na xornada de pesca que un grupo de 6 pescadores desenvolvían entre a presa de Gradaille-Retorta e a Piscifactoría de Xuvia.
Concretamente dous socios deste sociedade e catro amigos chegados de Vilarmaior e Monfero, resultaron menoscabados os seus dereitos de pesca pola presenza destes aparellos no entorno do couto de pesca.
Enterados deste feito logo do aviso de varios destes pescadores, procedeuse a dar aviso ós vixiantes de Medio Ambiente e ó SEPRONA da Garda Civil, para que se fora o caso denunciaran estes feitos que como veremos de seguir, son sancionables conforme á Lei 7/1992, do 24 de Xullo, de Pesca Fluvial de Galicia.
Esta Lei no seu Capitulo II de Infraccións e sancións, no seu artigo 33, apartado 8, di textualmente:Bañarse, navegar con lanchas ou embarcacións de recreo ou realizar actividades expresamente prohibidas entorpecendo a práctica de las actividades regladas por estaLei nos lugares onde o desenvolvemento de tales actividades tivera sido declarado e sinalado como preferente.
Da mesma maneira, no Regulamento que desenvolve a lei, no seu artigo 87 apartado 13, dise textualmente: A práctica de actividades recreativas ou deportivas distintas da pesca, naquelas augas declaradas coutos de pesca, vedados de pesca, desovadoiros ou de especial interese para a riqueza piscícola, salvo cando se conte con autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. Esta última autorización non lle consta ó Servizo de Conservación da Natureza que se tramitara en ningún momento.
Polo tanto na lexislación vixente queda perfectamente claro que o uso de embarcacións nos tramos que foran declarados coutos de pesca (e polo tanto o seu uso piscícola declarado como preferente) queda prohibido cando menos na tempada de pesca sinalada na orde de vedas anual.
E como maior xustificación está o pago da taxa administrativa en forma de permiso de pesca que hai que obter para poder practicar a pesca nestas augas, que ten un importe de 8 euros diarios.
Os denunciados, que parece ser que non eran afeccioados, senon que estaban guiados por unha empresa de multiaventura radicada en San Sadurniño, parece ser que exhibiron unha autorización administrativa de navegación expedida polo organismo Augas de Galicia para a bacía do Xuvia, autorización que como acabamos de ver é nula de pleno dereito nos entornos dos coutos de pesca segundo a lexislación en vigor. Polas noticias que temos foron denunciados polo SEPRONA de Pontedeume.
Xa previo ó inicio da tempada actual (mes de Abril), falamos con outro grupo de kaiakistas (pertencentes á mesma empresa), comentándolles, que unha vez iniciada a tempada, non era legal navegar no couto de pesca, e si eran interceptados, serían denunciados. Parece ser que os avisos amistosos non xurden efecto e polo tanto tivemos que optar polo camiño da denuncia.
En evitación de futuros conflictos que a nada conducen, queremos facer pública toda esta fundamentación legal, para evitar desagradables denuncias logo de interferencias coas xornadas de pesca, legalmente autorizadas no couto de Xuvia.

jueves, 3 de julio de 2014

Clasificación XII torneo Cidade de Narón Salmónidos a Mosca





Imagen de la entrega de premios al ganador del torneo.
Oscar Gayoso, socio da sociedade de Caza e Pesca Xuvia, impúxose seguido de preto por Mera e Busto

Resultados do XII Torneo Cidade de Narón organizado pola sociedade de Caza e Pesca Xuvia, disputado o pasado 28 de Xuño no rio Xuvia.

Primeiros 10 clasificados









Destacar o grande número de pezas acadado no torneo, que achegáronse ás 500, posibilitado polo bon estado do río pola choiva caida de madrugada.

Podio do campionato



Apuntar que no meu caso non participei porque esa mesma mañá andaba alebrestando salmóns en Ximonde.
Esta irresponsabilidade do presidente é posible porque teño un equipo directivo que vale un collón e sei que a cousa vai ir sobre rodas, falle quen falle. 
Para poñervos os dentes largos, comentar que pesquei ata as 12 da mañá. Toquei un bó reo e 2 salmóns. O reo literalmente, porque por un  fallo de ''recepción'' voltou á auga (está ben aló) . No caso dos salmóns, un apañoume con equipo de reo e desarmoume nun par de minutos e o outro  si que o desfrutei. Case 20 minutos de pelexa brutal nas correntes de Reboredo logo de apañar unha Red Francis da fábrica de Trasancos.E logo de todo isto, tratei de metelo á sacadeira eu solo (o gancheiro marcho para a casa ás 10 da mañá pingando como un pito) e perdinno á entrada da mesma. Un alabastro grande e mouro, que imaxino entrado polos meses de inverno. E tamén vai ben aló.

Un día para recordar, pola pesca dos demais e pola xornada en Ximonde.

E rematada a competición, unha paparota bárbara no Rubios con Zaira dándolo todo.
Eiquí podedes ver como incluso os que fallaron nas mangas do río, acadaron uns postos bastante mellores coas mesas ben repoboadas ...