jueves, 14 de junio de 2012

XI CAMPIONATO DE PESCA A MOSCA CIDADE DE NARON

O día 30 de Xuño celebrarase no couto sen morte de San Sadurniño o XI CAMPIONATO DE PESCA A MOSCA CIDADE DE NARON.


Como se pode supoñer celebrarase na modalidade sen morte e terá dúas vertentes:

  • Por un lado será o campionato social do que se escolleran os mellores con destino ás probas oficiais.
  • Ademais os clasificados nesta proba hanse batir o cobre cós gañadores das outras 5 probas oficiosas galegas  que son clasificatorias para o Master de campións Miguelpesca, a saber: Alonso, Cibeira, Santiaguiño, Ribeira Sacra e Waldemar. Nivel Maribel ¡¡¡ 

Salvo sorpresas e que pase algún paquete, coma min o ano pasado, neste Master acabarán os mellores pescadores de competición de Galicia.

Voltando ó Cidade de Narón este será o programa:

  • Xuntanza ás 7:30 h no Bar Os Rubios(A Mourela-Neda)
  • Inicio da proba ás 9:00
  • Descanso e xantar ás 14:00
  • Arranque das mangas da tarde ás 15:30
  • Finalización da proba ás 20:30
  • Concentración no bar Os Rubios. Cena. Entrega de premios. Comedia vareada.
Se queredes incribirvos aínda estades a tempo. Tendes estes teléfonos de contacto para información e inscripcións: 615 055 041 e 687 717 158

sábado, 9 de junio de 2012

David Arcay campión do Mundo de salmónidos mosca



En primeiro lugar os meus parabéns e unha aperta gorda ó flamante campión.
A felicitación fágoa extensiva ós seus pais, que evidentemente son os outros grandes partícipes do éxito deste fenómeno. O s recursos que levan gastados Jose e Marga na formación do seu fillo como pescador poderían ter financiado unha carreira universitaria. Pero eu digo, ¡ben gastados foron¡
Non obstante xa veredes como haberá xente que arrimará a sardiña á súa brasa para ser copartícipes deste resultado que para min pertence soamente a David e ós seus pais.
E a formación e o talento xuntos normalmente producen bós resultados, e eiquí está o Campionato do Mundo.
Xa sabes que eu son pouco concurseiro-campeonateiro, o que nos ten levado a algunha diferencia de pareceres, pero non por iso lle quito mérito ó conseguido, nin deixo de ver a importancia que para a pesca continental poida ter o feito de que a competición galega estea nos podios.
Como deben estar os cascarilleiros. Un ascenso do Depor e un campionato do Mundo de pesca no mesmo mes ¡¡¡
Da misma maneira que lle quitei importancia os resultados de Italia no ano anterior, porque sabía que ti merecias o Campionato como calquera outro, tamen che digo o seguinte; Non te durmas no conseguido. Tes ainda non 22 tacos e esperamos que con esa idade consigas polo menos outros 10 Campionatos do Mundo¡¡¡
A por eles mestre ¡¡¡
Espero felicitarte en persoa nuns poucos días.


viernes, 8 de junio de 2012

Temporada de concursos



Como saberedes a estas alturas da tempada concéntranse a maior parte dos concursos oficiosos da tempada, logo de que a competición oficial disminúa de ritmo.
Os que se adican á competición a esta alturas da tempada xa non paran e tódolos fins dse semana hai algunha competición.
Mostra de estes campionatos puntuables para o Master Miguelpesca son os tres que vos poño a continuación: Cibeira, Santiaguiño do Monte e Escuela de Alonso.
Se sodes concurseiros tedes tela onde repartir relixión.
E sobre todo recordade que o gran premio deste ano no Master Miguelpesca é unha bolsa de gominolas. A COMPETICION EN ESTADO PURO. SOAMENTE SE BUSCA O MELLOR, NON O QUE QUEIRA LEVAR OS MELLORES REGALOS ...











martes, 5 de junio de 2012

Xornadas en Abegondo-Beche

Este finde andivemos por Abegondo os Artesáns nun novo fregado.
Neste caso tratábase de dar apoio didáctico tanto no apartado de montaxe de artificiais como no de pesca propiamente dita.
Desta maneira fumos recibidos o Sábado pola mañá na Aula da Natureza que o Concello ten en Crendes e cun público menudo e con gañas de ver cousas novas, puñénonos mans á obra.
Antes de comenzar có taller de montaxe se proxectou un video da productora Trueiro, para que os nenos coñeceran o ciclo vital dos salmóns do Ulla.
O taller de montaxe posterior como se pode entender con facilidade, por estar dirixido ós nenos, debía ter un compoñente especialmente lúdico, non podía converterse nunha clase de entomoloxía nin de montaxe avanzado.
Así foi especialmente divertido ver a Longo Jr. explicarle o paso de ninfa a imago ós nenos tirando da evolución dos Pokemon, pero coño ¡¡¡, que ben funcionou, colleronno á primeira.
Broches, Trancas e Barrancas e moscas sinxelas foron os productos que sairon das mans destes fenómenos baixiños coa axuda dos Artesáns.
Ás veces non sabes o que pode fixar a súa atención, son incribles. No caso de Seijas e meu foi especialmente atrainte para eles a linterna de curado UV, todos a querían manipular.
Pola tarde xornada de pesca e repoboación en Beche.
Aló apareceron Suso e Julio cunha boa cantidade de troitas de Sobrado para complementar a anterior repoboación feita hai 15 días.
Tamen se procedeu a ler unha declaración medioambiental, da que vos poño eiquí o enlace http://www.miguelpesca.com/especiales%20declaraciondeabegondo.htm
E despois desta parte digamos mais institucional, pesca.
Molou meterse en fariña de novo con nenos. A verdade é que nos últimos anos nas escolas de pesca da Sociedade de caza e pesca  Xuvia non houbo nenos e apetecíame moito traballar có tolos baixiños. Son moi agradecidos, non poñen pegas, fan as cousas cando lles apetece e aprenden mais rápido que os adultos.
E así foi. A min tocoume con varios, pero teño que destacar un par de nenas, que en pouco mais de dúas horas conseguían lanzar cunha certa facilidade a uns 5-6 metros. Non sei se os seus pais me farán caso dos consellos que lles din, pero por favor, que lles compren un equipo de sedal pesado xa ¡¡¡. Se ven progresións así en moi poucas ocasións.
O domingo voltamos pola mañá para de novo axudar ós pequenos pescadores, pero cun número menor de xente, xa foi posible ter cara ó mediodía, un rato para pescar nos.
E non me foi mal, un tranco de sobre do kilo caeu nos brazos dun wooly bugger de hélice. O impresionante foi facer a captura á vista logo de que fallara o ataque con anterioridade. Graciñas Sergio por facer de gancheiro e ver o tranco de novo, se non é por ti, deixa ver ....
En resume un finde completo. Repito, é moi agradecido traballar con nenos, que son como esponxas e te fan rir moito.
Graciñas ó Sr Santiso, alcalde de Abegondo polas atencións recibidas e moitas mais gracias a Gustavo, coordenador de Medioambiente, que fixo que non faltara de nada e que a estancia fora unha marabilla.
Por certo Gustavo, un equipo de pesca para o teu fillo pero xa ¡¡¡, que o rapaz xa está posto a andar e vale moito, que coller unha troita no medio dese follón non é risa.
E un par de cousas negativas, que non poido deixar de sinalar, pero que sei que se correxirán nun futuro.
En primeiro lugar algo que está nas mans do Concello. A plantación dun arbusto espiñento como a uva crispa (Ribes uva-crispa) non parece que sexa o seu nun tramo de embalse adicado á pesca, e mais cando este vai estar adicado a actividades formativas nas que participan nenos.
Outra mais. Estamos en tempo de definir como se vai explotar a pesca no embalse, pero a situación actual non pode prolongarse no tempo. Sexa mediante un couto de pesca cun control específico, sexa mediante pesca sen morte (ainda que sexa por tramos), non se pode continuar có nivel actual de extracción de peixes. Está claro que a repoboación de hai 2 semanas xa volou, e de que o regato non vai producir alevinaxe suficiente para facer o embalse autosustentable con esta presión extractiva, así que haberá que reducir esta. Ainda que non sexa popular.
Polo demais, Beche  pareceme un sitio espectacular e cunhas troitas autóctonas de foto de pase de modelos.
Voltarei.
Agora incluo unhas fotos das dúas xornadas.
En pleno follón da mañá

Os Longo, con Sergio o rei dos Pokemon ó fondo


Piñeiro explicando o que se veu na proxección do documental do salmón

Paco Redondo e Cholito

Tamén estivo Suso Vilar cós seus bambús

Algunha que se portou ben levou dous broches, o meu e o que atou ela

Redondo e Ruiz facendo acopio de infantes. Dous bós flautistas de Hamelin

Santi pechando o taller

Piñeiro e Gustavo pechando o taller

Os presuntos implicados

Concentración do serán no encoro

Repoboación

Julio Gigirei cós nenos

Esta é a fenómena da que vos falo mais arriba. Acaso unha das competidoras de élite do mañá?

Unha das preciosidades de Beche


Jose tamen puntuou

lunes, 4 de junio de 2012

Alimañas nos ríos. Outra de vandalismo

Parece ser que algunha alimaña (non confundir con animais falsamente tachados de tal)  colleulle gusto ó do vandalismo da ribeira.
Non contentos con escarallar as plantacións que fixemos dende a Sociedade de caza e pesca Xuvia, aínda se adican a escarallar as arbores de rexeneración natural que medran na ribeira.
Neste caso os afectados foron uns freixos que ademais non estaban precisamente cerca de ningún punto de acceso doado.
Estes freixos foran conservados o ano pasado durante os traballos de limpeza e desbroce e aplomados para que medraran rexos e ergueitos. Pois aquí os podedes ver agora abaixados por algún becerro.
Polo visto á praga de Phitophora alni hai que engadir ós desatres do Xubia a estes malnacidos que imaxino fachendosos da súa fazaña. Recórdanme ás vacas do monte que escarallan ás arbores que lles dan sombra e cando chega o vrao sacan a lingua polo calor. Animaliños.
Eiquí tedes fotos do desastre.