viernes, 10 de mayo de 2013

Gravación con Jara y Sedal en Lires

O mércores e xoves desta semana andivemos de gravación có equipo de Jara y Sedal por terras da Costa da Morte o Santi Nitas e mais eu.
O punto elixido foi a desembocadura do río Castro na ría de Lires, fronteira entre Cee e Muxía. O protagonista o principe pobre: O munxe.
A pesca a mosca desta especie, denostada por algúns puristas, que só pescan especies nobles (e que casualidade, de alto valor gastronómico) poidovos asegurar que é unha das grandes oportunidades da pesca a mosca en Galiza.
Non vou poñerme a defender de novo a deportividade deste peixe, pero decir que penso que igual que o barbo, ó que coñezo de pasada, é un dos grandes da pesca continental sen discusión. O que penso sobre este peixe xa o puxen por escrito con motivo dunha anterior expedición http://moscasdetrasancos.blogspot.com.es/2012/04/o-principe-pobre-xornada-de-muxes-en.html.
Por este ring de Lires xa pasaron grandes canas deste e doutros paises. O mestre Marc Petijean foi un deles o ano pasado.
Con estes precedentes, pois puxémonos en mans de grandes profesionais capitaneados por Raul, e deixamonos facer.
Ansioso estou de ver o resultado da montaxe na TV e espero que vos guste. Non sabemos a data da emisión, que se supón que será na próxima tempada. Tereivos informados.
Mentres tanto terédesvos que conformar cunhas cantas imaxes das dúas xornadas de gravación.