miércoles, 30 de mayo de 2012

I Obradoiro artesanal de pesca fluvial


Pois iso que o sábado e o domingo andaremos por Cecebre e por Beche enredando cós aprendices de mosqueiros das Mariñas.
Póñovos o programa das actividades proxectadas e se queredes asistir seredes benvidos.
Da gusto ver que algún concello se implica nisto da pesca fluvial e que lles da alas ós que serán as próximas promocións deste mundiño.
Moi ben polo concello de Abegondo e polo Consorcio das Mariñas.
Aló nos veremos.

sábado, 26 de mayo de 2012

FALECE JUAN JOSE MORALEJO



Cando escribo estas liñas aínda estou en estado de shock.
A morte dun amigo é sempre doorosa e difícil de superar, pero no caso de Juanjo é moito mais.
O Doctor, como lle chamabamos os seus amigos, foi e será un persoeiro irrepetibel.
Era unha persoa culta, amable, gracioso ata a extenuación, pero o mais importante un pescador coma a copa dun pino. E o mais importante, un amigo ó que recurrir sempre para contar có seu consello e apoio
Xa non é polo seu libro As troitas as miñas señoras, ese libro que todo pescador galego quixera ter escrito, ou polo menos imaxinado, o Doctor era ante todo un  impenitente pescador que cando os demais estabamos prontos a desfalecer, daba folgos ós demais para continuar intentandoo.
Nos meus recordos quedará o agarimo do seu, ¡¡¡neno¡¡¡, que sempre te facía sentir como parte da súa familia.
E que decir do seu sentido do humor, que cando tiñas un mal día acababa por arrincarche un sorriso de orella a orella.
Podería decir que se na pesca hai pasión e intectualidade, o doctor era o campión de ambas cualidades.
Por iso doeme tanto perder un amigo e compañeiro de pesca do seu calibre.
O río, que ás veces é moi inxusto, nunca lle quixo dar un salmón, pero a cambio deunos a oportunidade de coñecelo na súa búsqueda do infinito, como el deu en chamar á súa percura.
Doctor aló donde esteas espera por nós botando unha varada e cando nós cheguemos danos a alegría de saber que o salmón xa non está nas túas prioridades.
O meu mais sentido pésame á familia por esta tremenda perda.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Feira do Salmón da Estrada

Pois iso que invitados pola organización de Feira, o que é toda unha honra tendo en conta que esta xa vai pola 39 edición, un grupo de Artesáns estivemos pola Festa o sábado e o Domingo.
O Domingo tocounos a Paco Porto e a min. Tamén viña Arturo Alonso, pero tivo que presentar desculpas por motivos persoais.
O caso é que salvo na hora de xantar estivemso nun stnad repleto de xente e iso que tamén se nos dispersaba o público no do lado rexentado polo amigo Muiños, o Señor das Moscas.
Viñeron amigos a vernos. Se ánimo de esquecer, estiveron Santi e a enana, Jose e Alberto coas respectivas pantojas , Ismael, Luka o can pescador...
En fin que a pesar do agobio puntual de xente, que o pasamos ben.
Como non teño moitas gañas de darlle á literatura imos continuar como crónica fotográfica.

Juliño estivo o día anterior con Gayoso

Paco e mais eu atendendo ó público, que preguntaba e preguntaba ...(cousa boa)

Moralejo doctor. Paco sempre póndome en vergoña

Arranca a mañá e comenzan as concentracións no stand

Tamén  no visitou Luka, o can pescador

E montamos tamén moscas de troita para os amigos. Emerxente fulget, creación propia

No stand colindante oficiaba Muiños

Fixemos quisquillas cocidas

Paco, non contento con avergoñarme coa Moralejo Doctor, aínda  se sobrou mais.

Dándolle os últimos retoques á fulget

Os amigos trouxeron regalos. Graciñas Paquiño.


martes, 15 de mayo de 2012

1ª xornada de salmón no Eo a troitas

Estaban alí. Sabiámolo, intuiamolos, pero non quixeron colaborar.
A cuadrilla pescou hoxe o couto da Volta, có nivel de augas existente, obxectivamente , posiblemente o mellor couto do Eo.
E iso que o mellor dos mellores, o gancheiro Pepe Molejón, acompañounos pola tarde para repartir maxisterio e corrixir erros.
Pero o río non os quixo dar.
Son seus e regálaos a que el quere e cando quere tamén.
E finalmente acabamos pescando troitas (poucas) para resarcirnos.





A verdade é que como di o vellos chiste vasco, se se está a salmón, salmón e se a Rolex, Rolex, e as capturas voltaron todas ás augas

video

Pero a cuadrilla non perde o humor nen as gañas de sorrir nin de contar contos ó chegar o cuartel xeral en Amaido

Mañá, as Barcas. Mellor e mais.

XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA




Coma tódolos anos imos organizar este ano o XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa fecha de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
  • 7:30 Concentración no bar aOs Rubios (A Mourela-Neda)
  • 9:00 Inicio da proba
  • 13:45 Entrega de capturas e pesaxe na Area recreativa municipal de Pedroso

Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trasanquesa en Sedes (Narón) a apartir das 15:00 h.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina é de 20.00 a 21.00 h. Os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262




martes, 8 de mayo de 2012

Eloi Savedra en Trofeo Pesca

Levaba case 8 días esperando e preguntando cando recibían na libraría onde compro pola revista Trofeo Pesca, e non daba chegado e me reconcomían os nervos.
Pois iso que a revista Trofeo Pesca tivo a ben no número de este mes de Maio en incluirme na sección de Grandes Montadores.
Podedes ver o reportaxe nas páxinas 48-49.
Logo das fotos tan ben tiradas de Alberto Nevado, profesional como a copa dun pino, e có que foi un placer traballar, e o panegírico do meu gran amigo Miguel Piñeiro, case parezo un montador dos de verdade.
Póñovos unhas fotos da revista (non son escaneos) para que vexades o ben que me deixaron estes dous profesionais.
O seu claro está en que compredes a revista.

FEIRA INCOART EN BERGONDO. TALLER DE MONTAXE

 

O día 12  estaremos en Bergondo no stand de Cousas i Cousos na Feira Incoart con Oscar , Julio, Santi e Josiño.
Se garantiza argallada e risas.
Eu estarei ata o mediodía porque para a hora do vermú terei que estar velis nolis en Pedroso á mediodía para a sesión vermú, que estou de patrón. Grande Romería de Virxe da O.