domingo, 22 de abril de 2012

O principe pobre. Xornada de muxes en Lires

Hoxe pola mañá no reunimos un grupo de amigos na Ría de Lires para pescar.
A quedada a organizaron entre o Santi Nitas e Luis Merayo dende os seus respectivos blogs.
A ría de Lires está na desembocadura do río Castro e fai a fronteira entre Muxía e Cee.
É unha desas pérolas que Galiza garda para uns poucos que por uns ou outros motivos temos a sorte de coñecer ben a Costa da Morte.
Saída da ría de Lires na  praia de Nemiña

Outra vista da boca da ría

Pena que a mole da piscifactoría que o Grupo Tres Mares se ocupara de impór o feismo neste pequeno tesouro. Un entende que son cousas que se fixeron nos anos 60, pero cabrea que un entorno así teña esta penitencia. A penitencia exténdese ó río Castro, que dende a construcción da presa (sen escala regulamentaria) veu como os migradores teñen impedido o remonte de forma total. Esperemos que este feismo da explotación económica non se extenda na Costa da Morte por actuacións mal planificadas e que sitios como o coido de Touriñán non teñan que pagar o ''prezo do progreso''. Esse famoso progreso dalgúns desarrollistas anclado no S XIX.
Ó lío. 9:00, café en Lires povo e saida cara a zona de pesca.
Optamos por motivos de seguridades dos nenos que veñen no grupo, por pescar a ría polo lado do Norte, no punto onde desemboca o Castro, pero tendo o desaugue da piscifactoría de Tres Mares a tiro, pois sabemos que nesa zona están os grandes trofeos.
En canto nos puñemos a pescar comenza a actividade. A marea está baixa e aínda así hai actividade.
Os munxes van entrado ás moscas de imitación de pan.
Cardume de muxes na ría

Emilio gañando unha das partidas

A pesar da súa contrastada actividade, renego desta mosca pois traio outros plans. A miña idea é evaluar unha serie de novas moscas de muxe que teño idea de usar no Lago da Frouxeira para cando os torpedos de prata comencen a comer. Pero isto terá que esperar ata Xullo polo menos e que a canle peche.
Montadas en anzois Hanak do 12 son unhas pequenas ninfas montadas con rocalla de contas de vidrio con dubbing de material brillante. Levo tres coores básicos: Blanco, roxo e verde.
A famosa baetis forneira

Funcionan á perfección pero especialmente a montada con contas transparentes e con lá natural de ovella. Quizais polo seu parecido cun pequeno isópodo ou  unha pulga de mar.
Cando chega o mediodía a cousa está que arde. As picadas sucédense e todo o  mundo ten picadas arreo.
En algún momento se chegan a ver tres muxes enganchados á vez.
Clavada múltiple
Os tres pescadores anteriores voltando ás súas capturas á auga

Tamén vemos varias roturas de baixo e algunha carreira espectacular como a dunha peza que lle saca uns 40 mts de backing a Santi, que   por certo tiña un equipo liña 7-8. Para recordar ....
Algún peixeo puxo ó límite os equipos do #6

Logo de catro horas deixamos o escenario de pesca, cós brazos doloridos, pero contentos das pelexas e as capturas, aínda que todas voltaran á ría.
Pili voltando dous bós mozos ó seu medio
 Por certo tamén se colleu unha troita por desgraza era unha arcoiris das que fuxen da planta de acuicultura. Reseñar que estaba esguinando e xa presentaba librea plateada.
A invasora capturada
Logo dun xantar bárbaro en Casa Valentín na Pereira, onde nos trataron como príncipes e pagamos como currantes, toca retirada.Quedaremos en Xullo no Lago de Valdoviño, sen dúbida.

Finalmente só me queda facer unha reflexión.
Porque un peixe tan deportivo, que pode facer arrancadas que che saquen 20 mts de backing, que rompe terminales de 0,20 con soamente un par de kg, se pode considerar un peixe lixo por moitos pescadores e aínda mais por algún mosqueiro?
Somos pescadores ou pescadeiros?
A pesar de decir que somos pescadores recreativos e outros moitos deportivos, como podemos desprezar a este Principe das Mareas? Quizais porque non ten unha carne tan ''fina'' como as troitas?
Cada vez estou mais seguro que non todo neste mundo da pesca é trigo limpo, e que moita xente que se dí deportiva ou recreativa, non deixan de pensar en carne. Aínda que ceiben todas as súas capturas.
Un adversario da categoría do Principe das Mareas non merece este desprezo