miércoles, 30 de mayo de 2012

I Obradoiro artesanal de pesca fluvial


Pois iso que o sábado e o domingo andaremos por Cecebre e por Beche enredando cós aprendices de mosqueiros das Mariñas.
Póñovos o programa das actividades proxectadas e se queredes asistir seredes benvidos.
Da gusto ver que algún concello se implica nisto da pesca fluvial e que lles da alas ós que serán as próximas promocións deste mundiño.
Moi ben polo concello de Abegondo e polo Consorcio das Mariñas.
Aló nos veremos.

sábado, 26 de mayo de 2012

FALECE JUAN JOSE MORALEJO



Cando escribo estas liñas aínda estou en estado de shock.
A morte dun amigo é sempre doorosa e difícil de superar, pero no caso de Juanjo é moito mais.
O Doctor, como lle chamabamos os seus amigos, foi e será un persoeiro irrepetibel.
Era unha persoa culta, amable, gracioso ata a extenuación, pero o mais importante un pescador coma a copa dun pino. E o mais importante, un amigo ó que recurrir sempre para contar có seu consello e apoio
Xa non é polo seu libro As troitas as miñas señoras, ese libro que todo pescador galego quixera ter escrito, ou polo menos imaxinado, o Doctor era ante todo un  impenitente pescador que cando os demais estabamos prontos a desfalecer, daba folgos ós demais para continuar intentandoo.
Nos meus recordos quedará o agarimo do seu, ¡¡¡neno¡¡¡, que sempre te facía sentir como parte da súa familia.
E que decir do seu sentido do humor, que cando tiñas un mal día acababa por arrincarche un sorriso de orella a orella.
Podería decir que se na pesca hai pasión e intectualidade, o doctor era o campión de ambas cualidades.
Por iso doeme tanto perder un amigo e compañeiro de pesca do seu calibre.
O río, que ás veces é moi inxusto, nunca lle quixo dar un salmón, pero a cambio deunos a oportunidade de coñecelo na súa búsqueda do infinito, como el deu en chamar á súa percura.
Doctor aló donde esteas espera por nós botando unha varada e cando nós cheguemos danos a alegría de saber que o salmón xa non está nas túas prioridades.
O meu mais sentido pésame á familia por esta tremenda perda.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Feira do Salmón da Estrada

Pois iso que invitados pola organización de Feira, o que é toda unha honra tendo en conta que esta xa vai pola 39 edición, un grupo de Artesáns estivemos pola Festa o sábado e o Domingo.
O Domingo tocounos a Paco Porto e a min. Tamén viña Arturo Alonso, pero tivo que presentar desculpas por motivos persoais.
O caso é que salvo na hora de xantar estivemso nun stnad repleto de xente e iso que tamén se nos dispersaba o público no do lado rexentado polo amigo Muiños, o Señor das Moscas.
Viñeron amigos a vernos. Se ánimo de esquecer, estiveron Santi e a enana, Jose e Alberto coas respectivas pantojas , Ismael, Luka o can pescador...
En fin que a pesar do agobio puntual de xente, que o pasamos ben.
Como non teño moitas gañas de darlle á literatura imos continuar como crónica fotográfica.

Juliño estivo o día anterior con Gayoso

Paco e mais eu atendendo ó público, que preguntaba e preguntaba ...(cousa boa)

Moralejo doctor. Paco sempre póndome en vergoña

Arranca a mañá e comenzan as concentracións no stand

Tamén  no visitou Luka, o can pescador

E montamos tamén moscas de troita para os amigos. Emerxente fulget, creación propia

No stand colindante oficiaba Muiños

Fixemos quisquillas cocidas

Paco, non contento con avergoñarme coa Moralejo Doctor, aínda  se sobrou mais.

Dándolle os últimos retoques á fulget

Os amigos trouxeron regalos. Graciñas Paquiño.


martes, 15 de mayo de 2012

1ª xornada de salmón no Eo a troitas

Estaban alí. Sabiámolo, intuiamolos, pero non quixeron colaborar.
A cuadrilla pescou hoxe o couto da Volta, có nivel de augas existente, obxectivamente , posiblemente o mellor couto do Eo.
E iso que o mellor dos mellores, o gancheiro Pepe Molejón, acompañounos pola tarde para repartir maxisterio e corrixir erros.
Pero o río non os quixo dar.
Son seus e regálaos a que el quere e cando quere tamén.
E finalmente acabamos pescando troitas (poucas) para resarcirnos.





A verdade é que como di o vellos chiste vasco, se se está a salmón, salmón e se a Rolex, Rolex, e as capturas voltaron todas ás augas



Pero a cuadrilla non perde o humor nen as gañas de sorrir nin de contar contos ó chegar o cuartel xeral en Amaido

Mañá, as Barcas. Mellor e mais.

XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA




Coma tódolos anos imos organizar este ano o XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa fecha de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
  • 7:30 Concentración no bar aOs Rubios (A Mourela-Neda)
  • 9:00 Inicio da proba
  • 13:45 Entrega de capturas e pesaxe na Area recreativa municipal de Pedroso

Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trasanquesa en Sedes (Narón) a apartir das 15:00 h.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina é de 20.00 a 21.00 h. Os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262




martes, 8 de mayo de 2012

Eloi Savedra en Trofeo Pesca

Levaba case 8 días esperando e preguntando cando recibían na libraría onde compro pola revista Trofeo Pesca, e non daba chegado e me reconcomían os nervos.
Pois iso que a revista Trofeo Pesca tivo a ben no número de este mes de Maio en incluirme na sección de Grandes Montadores.
Podedes ver o reportaxe nas páxinas 48-49.
Logo das fotos tan ben tiradas de Alberto Nevado, profesional como a copa dun pino, e có que foi un placer traballar, e o panegírico do meu gran amigo Miguel Piñeiro, case parezo un montador dos de verdade.
Póñovos unhas fotos da revista (non son escaneos) para que vexades o ben que me deixaron estes dous profesionais.
O seu claro está en que compredes a revista.

FEIRA INCOART EN BERGONDO. TALLER DE MONTAXE

 

O día 12  estaremos en Bergondo no stand de Cousas i Cousos na Feira Incoart con Oscar , Julio, Santi e Josiño.
Se garantiza argallada e risas.
Eu estarei ata o mediodía porque para a hora do vermú terei que estar velis nolis en Pedroso á mediodía para a sesión vermú, que estou de patrón. Grande Romería de Virxe da O.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Miguel Piñeiro pregoeiro na Pontenova

Pois iso, que ó amigo Miguel Piñeiro o escolleron como pregoeiro da Festa da troita da Pontenova impóndolle tamen a Troita de Ouro.

 Eiquí o tendes procedendo a repartir literatura ante un ben numeroso público.


Que ano meu ¡¡¡
Pontenova, A Estrada, estoupando o EGM ...
Soamente che falta un salmón para completar e xa te canonizamos.

Que non pare a música¡¡


Xornada con Marc Petitjean

O día 30 de Maio foi unha desas xornadas que merecen a pena.
O mestre Marc Petitjean visitou Galiza da man de Rodhani e en calidade de mestre de ceremonias Raul Soria o propietario da franquicia.
A miña perspectiva ante tal visita era simplemente visitar a demostración de montaxes programada para a tenda de Coruña e aprender da man do mestre de mestres de montaxe de CDC algunhas cousiñas útiles.
Pero as cousas cambiaron súbitamente o día anterior.
Chama o amigo Piñeiro e di que lle teño que facer un favor. Me di que teño que levar a alguén a pescar. Para min que un amigo me chame para decirme que acompañe a un amigo seu de pesca non é obriga senon alegría. Pero esta alegría convirteuse en xúbilo cando me di o nome do pescador do que temos que facer de gancheiros.
Cando chamo ó Santi este tampouco o cree.
Imos levar a Marc Petitjean a pescar muxos a Lires ¡¡¡
Finalmente e a pesar da marea algo alta, que nos vai obrigar  a pescar do lado das Pedra Miudas (para min o lado menos bó da ría para esta pesca), quedamos con toda a ilusión do mundo en Lires.
Tamén se une o amigo Marcelo de Baio , que fai un kit-kat no seu traballo para vir a axudarnos e fotografarnos.
E estas son  as imaxes da xornada.
Inicio da xornada e intercambio de moscas

Marc e Raul en primeiro plano

Marcelo cós nosos invitados

Panorámica dos pescadores na ría

A imitación de Marc, que tanto rendeu na xornada


Comentar que os muxos, ainda que non tiñan o día para pescalos debaixo da superficie, si espabilaron na tona da auga.
Tanto Raul como Marc colleron un bó número de pezas e creo que o pasaron razoablemente ben e sentiron queixarse o corcho das súas canas de línea 4, claramente insuficientes para os abalorios que en Lires hai.
A mestría de Marc veuse na  súas capacidade de adapatación, dando cunha mosca de cú de parrulo que funcionou perfectamente cós muxes en superficie. E que ó fin, un mestre, é un mestre en toda circunstancia.

Pola tarde e logo dun xantar de amigos, xornada de montaxe.
Os que me coñecen saben que nin monto, nin me gustan as moscas en CDC, material ó que lle vexo uns problemas de secado e limpeza, que para o meu gusto o invalidan bastante, a pesar que recoñezo que ten unhas características de presentación e imitación de emerxencias insuperanble.
O caso é que  das lección  maxistral do mestre Marc saquei varias conclusións interesantes, tanto para montar esas moscas noutros materiais (na miña querida lebre ártica), como para facerme dubidar en montar algunha imitación en cú de parrulo.
Ensinounos como limpar as moscas, que cantidade de pluma hai que pór para que non se afoguen, proporcionalidade de emerxentes. En fin, duas hoas  a mar de aproveitadas, para canto mais entre amigos.

Vista da demsotración na tenda Rodhani Coruña

Un trico de corzo e CDC

The famous Barón Rojo


Ademais de todo isto explicou como monta el os streamers, coñecemento que era o que principalmente esperaba adquirir de este curso, e como se tunean as Magic Heads nos mesmos.

En resume unha xornada completa, completa. E da man dun home que sabe, que comparte o que sabe, e o mais difícil nos tempos que corren, cheiños de falsos becerros de ouro, humilde e bó comunicador. Pena de non saber francés para collerlle as cousas á primeira, iso sen menoscabo da fantástica labor de traducción simultánea de Raul.

Graciñas por todo Marc e que saibas que en Galiza eres benvido sempre que queiras vir a pescar a este Finisterrae.