martes, 3 de abril de 2012

Curso de lanzado impartido por Félix Castrillejo en Coirós

Este sábado pasado reunímonos un grupo de amigos para en varios casos ter unha formación inicial do lanzado con cola de rata e outros para correxir defectos e/ou reciclarnos.
Da man do mestre Félix, ese leonés reciclado a galego de pro, recibimos unha cumprida información teórica e mais tarde unhas prácticas, tanto en pabillón como en exterior, que fixeron marabillas.
Hai que salientar que os liantes desta actividade foron a Sociedade Río Mandeo e o brazo executor Manolo, o do Cruceiro.
Hai moita xente no mundo da mosca que cree que xa o sabe todo porque consigue enganar unhas cuantas troitas.
A soberbia é o pecado preferido do demo, e moitas veces este é un mundiño no que cheira moito a azufre.
O caso é que eu recoñezo as miñas limitacións no lanzado e me recoñezo como unha mediocridade.
Sabendo isto plantexeime que teño que mellorar o meu lanzado cunha man e sobre todo con dúas. Neste último caso estou esperando a oportunidade para reciclarme de verdade e non continuar chapuzando con coñecementos autoadquiridos.
Aínda que non o creades, os progresos que se consiguen nunha xornada deste tipo non son milagrosos, pero casi. De estar acadando os 15 m con dificultade, acabei lanzando ó final da xornada unha WF 4 de 24 m sen problema.  No caso da cana de dúas mans tamen puxen ó descuberto o backing, isto é 32 m.
Teño que dar graciñas a Félix pola paciencia que amosou conmigo ( e có resto) especialmente no aprendizaxe da doble tracción.
Agora a adestrar para non perder o adquirido.
A continuación póñovos unhas fotos do pabillón e do campo de fútbol de Coirós onde se desenvolveu o curso.
explicacións en cada paso
o pabellón a tope de liñas voando
o persoal posto a bailar o aserejé. Bueno en realidade eran prácticas da doble tracción
Emilio probando a Fendwich coa liña de spey, a nova adquisición. Unha mellora notable da cana, por certo
Este, que veu ó Jose durante o intento de invadir Portugal e quere copialo ....
profesorado escarallándose de risa (imaxino que con fundados motivos)