viernes, 11 de abril de 2014

O Narcea, un mare ¡¡¡

O martes pasado como o aburrimento pesqueiro na comarca de Trasancos é moito, e soamente se pode rachar indo ó encoro, sumeime a unha expedición para irlle dar un ataque ó Narcea.
O liante foi Gonzalo, alias o cociñeiro, que se acorda dos amigos e chamoume para ir aló.
A pesar do madrugón a verdade é que coa apertura dos tramos que restaban na autovía do Cantábrico a viaxe ata Cornellana é un paseo. Incluso a parte a priori mais perigosa no tramo correspondente ó Alto da Corda, que pasamos a ir e voltar con neboeiro, agora pola iluminación especial que ten a autovía para estes casos, é moitísimo mais seguro que cando iamos pola Xesta.
Pois iso, que nunha hora estabamos en Ribadeo e que en outra mais xa andabamos almorzando no Marios en Cornellana.
Logo de falar có propietario e aconsellados por el, decidimos que tal como estaba o río o seuu sería abordalo na Isla e en Carbajal e así o fixemos.





Como podedes ver a Isla estaba no límite do pescable ...Para quen tiña equipo adecuado ...
A Ironfeather de 12,6  do 8 # có baixo plomado e os tubos toupea un pouco. É unha cana estupenda para pescar con baixo flotante e moscas tradicionais, pero que con artillería pesada colapsa. Isto non me preocupa cando vou ó Eo, pois de feito esta cana a merquei para o río no que pesco habitualmente, pero o Narcea evos moito Narcea, e necesita con augas altas equipo específico. Pero para 2 veces que veño no ano, non vou mercar unha 15 pes nin unha skagit plomada. Así que ajo e auga (e moita que había) e pescar mais arrimado. Total de haber salmóns eles tamen habían de arrimar ...
Gonzalo, pola súa parte cun cañón Diamonback de 15 pés e línea do 10, non tivo problemas. Arrastraba o baixo rápido. Arrastraba os tubos. E arrastraría un gorrión amarrado polos pés se o puxera ...
Pero nin có mellor equipo, se non hai salmóns ou se os poucos que hai están desganados e camuflados no medio dun mar océano, se pode facer moito.
Logo de mallar a Isla a tódolos xeitos e ocurrencias, decidimos cambiar a Carbajal.
Carbajal, como podedes ver, estaba mais pescable. Sempre aguanta mais auga, pero esta estaba fría de carallo e mais de 10 min vadeando, a pesar do neopreno de 5mm, eran unha tortura.
En Carbajal había dous ribeireños cós que estivemos de palique e que non tiveron inconvinte en que pescaramos á nosa comenencia. Nin media hora nin ostias. Así da gusto. 
Un deles, que se chama Juan, pescaba a devón,cousa hoxendía pouco vista e inda nos regalou un destes aparellos, que será oportunamente fusilado para usar en condicións similares á deste día. Por si me leeras, graciñas meu.




E isto foi o que deu o día de si. Picadas ningunha. Tiven un susto de carallo cunha pola que baixaba sumerxida, e que pensei que era o premio gordo. E o mais importante foi estar todo o día de leria cun amigo, coñecer xente nova da ribeira e como non parar en Cornellana a saudar a Bea no Central e xantar como príncipes no Ricardo.
Un día completo.
E por último darlle as grazas a Gonzalo nos créditos por todas estas fotos que lle paleei e que fixo coa Go-pro. Cando se vai lonxe pódese levar casi todo. Todo nunca. E eu fun sen a cámara.