domingo, 31 de julio de 2011

Salmóns a seca

Esperando que chegue o día de poder lanzar secas (con garantías) a salmóns con gañas de comedia, comparto este enlace con vosoutros.
Non obstante xa aviso con antelación de que o día que consiga clavar un plateado con seca, posiblemente me teñan que ingresar no psquiátrico mais cercano, cunha crise grave e duradeira.

miércoles, 27 de julio de 2011

III OPEN MIGUELPESCA 2011

 Se o tempo e o nivel das augas o permiten o día 3 de Setembro terá lugar o III OPEN MIGUELPESCA no couto troiteiro de San Sadurniño.
Paticiparan os clasificados nos torneos oficiosos de mais renome de Galicia, a saber:
  • Waldemar
  • Santiaguiño do Monte
  • Cibeira
  • Cidade de Narón
Dende a Sociedade de Caza e pesca Xuvia oficiaremos unha vez mais coma organización técnica e tentaremos que os participantes estean comodos nesta que é a vosa casa.
A maiores a dirección técnica en mans de Alberto Mera da garantía de que todo o proceso competitivo se fará ó milímetro.
Esperemos que os nosos temores con respecto ó nivel das augas queden niso, en temores infundados e que o tempo nos acabe de botar un cable.
Dende estas liñas tamén quero agradecer a achega do Concello de San Sadurniño que comprometeu o préstamo de maquinaria e persoal para adecentar algún tramo do río que está a ser devorado polas silvas.
Nada mais, recordade que as resabiadas troitas do Xuvia esperan por vos.


Enlace: http://www.miguelpesca.com/open%20miguelpesca2011.htm

martes, 26 de julio de 2011

Dobles soldos. Presuntos furtivos na administración

Galiza, coma España, é un pais incrible.
Resulta que algúns dos nosos funcionarios non deben de cobrar a fin de mes e por iso, necesitan dotarse dun soldo a maiores para asegurarse de ter un soldo polo menos.
Isto non é novo. Recordade aqueles listos da Deputación de Lugo que tiñan unha consultoría paralela que facía chollos para a administración, esa na que eles curraban pouco e por iso tiña que contatar asesorías externas.
Da misma maneira acaban de coller a un artista en Pantín (Valdoviño) que no seu coche oficial de Medio Rural (Servizo de prevención de incendios-Distrito I) levaba 8 kg de percebes e un traxe de neopreno. O que dicíamos: Por complementar.
Pero resulta que isto xa pasou tamen en Medio Rural no caso de Ximonde. O peón que ''paleaba'' salmóns e lampreas do capturadeiro e que finalmente e polos seus compañeiros foi collido coas mans na masa.
O lamentable neste caso foi que si ben o delicuente foi desactivado e trasladado de servicio o seu castigo foi tan irrisorio que da vergoña allea referilo: Tres meses de suspensión de soldo e o traslado.
O que non pode ser é que ante un caso que salpica á honorabilidade dun colectivo capaz e sacrificado, que en moitas ocasións rinde ó 200 %,facendo mais horas das que lle corresponden, se atalle un comportamento desleal cunha sanción irrisoria como no caso de Ximonde.
Esperamos que unha sanción exemplar sirva para poñer a cada un no seu sitio e deixar empatenada  a folla de servicios do colectivo. Eles mesmos reclaman este castigo exemplar segundo comentan fontes do mesmo servicio.
Quedamos á espera.

Tendes mais información en Albertrucho e miguelpesca : http://albertrucho.blogspot.com/2011/07/despues-de-ximonde.html http://www.miguelpesca.com/especiales%20percebes.htm

viernes, 22 de julio de 2011

II OPEN DE PESCA DE REO A MOSCA POR PARELLAS DA SOCIEDADE RIO MANDEO

II OPEN DE PESCA DE REO A MOSCA POR PARELLAS SOCIEDADE RIO MANDEO
cartel-nuevo
Este ano voltaremos aló a negociar, que non pescar (que iso é moi improbable) cós reos mais desconfiados da Gallaecia.

Informaremos dos nosos fracasos, e trunfos se os houbera.
Guillermo ponte as pilas, que este ano non podemos baixar da metade da táboa ¡¡¡

miércoles, 20 de julio de 2011

Moscas viaxeiras. Agora Alaska

Non, non me chamedes cabroncete por restregarvos polos morros unha viaxe de pesca.
Lamentablemente as cousas non están como para que me poida permitir unha viaxe de pesca.
O ano pasado xa tiven a miña oportunidade e creo que a aproveitei.
Nesta ocasión un grupo de amigos marcha para Alaska e o seu obxectivo son os salmóns. E digo ben salmóns porque van ter a tiro 5 especies diferentes.
O liante desta expedición foi o gañador do Master Miguelpesca da edición pasada, Mr Delgado, que congregou onda el a un grupo de amigos entre os que está o amigo Brandón.
E claro como sabe da miña querencia polo montaxe de moscas  ''folklóricas'', pois lioume para que lle montara un elenco có que enfrontarse cós reis do Pacífico.
Eiquí tendes os resultados.
sockeye orange

coho blue

comet fluor

ally´s chicle

chum salmon slammer

ally`s verdosa

egg fly flor

egg fly rosa

fat freddy

gamba fluor

gamba laranxa


parakeet de cola de coello

parakeet rosa
a selección que vai para aló  


Parte destes patróns son reinterpetración de creacións de Steve Burke, pero hai creacións da casa como as gambas, que xa pescaron varias especies de mar e  de río e espero que trunfen no país dos paganitos.
Non obstante e en previsión de que haxa continxencias varias (singularmente rexeitamento ou roturas) tamen viaxarán en préstamo para os paises paganitos as miñas moscas de salmón e de tarpón, que a folklóricas non lles gaña ninguén, para asegurar o éxito dos mosqueros galaicos.

Soamente queda desexarlles sorte e forza nos brazos.

sábado, 16 de julio de 2011

Peche de salmón, a troitas...Outra de bichos

A verdade é que os deuses estanse a portar ben conmigo nas últimas xornadas.
Dun comenzo de tempada fatal pola continuación da imbecilidade da apertura dos sen mortes da comarca a 1º de Maio e pola escaseza de zonas de pesca adecuadas para a mosca na comarca ata esa data, pasei a uns días de pesca en Xuño que nin fu nin fa.
Nembargantes levamos un mes de Xullo, que non falando da espada de Damocles que representa a seca que nos leva, está a ser un relaxo baixar ó río.
E as sorpresas continúan río por río.
Así tramos do Xuvia e dos seus afluentes que a xente ten por deshauciados, están a darnos alegrías pescando con mosca, desas sorpresas que xa non esperas.
Continuando coas sorpresas o seguinte en darnos alegría foi o Eo.
Onte un amigo e eu fumos á zona Libre sen morte de San Tirso coa intención de dar por pechado o salmón por este ano. E a cousa pintaba mal. Un forte neboeiro acompañounos toda a viaxe dende Trasancos e non deixaba lugar para a esperanza.
Xa no río deixei que o Jose baixara á postura da Ponte, onde tiña unha conta pendente cun dos plateados do pozo, lingotes de prata xa con titulación universitaria, e que esperemos que perpetúen ese xenio no desove deste ano.
Eu pasei a pescar as tablas augas abaixo e arriba da ponte colgante, pero coa mirada posta nos reos.
Finalmente pasei unha mañá de pesca desas que fan afección.
Algún reo de pequeno tamaño toquei, pero as protagonistas foron as grandes troitas de San Tirso, peleonas e desconfiadas, que rexeitaron varias coores de bichos, pero finalmente sucumbiron ó fluor, o famoso bicho radioactivo, que ten un aspecto de risa (os amigos ingleses preguntaban se era para as arcoiris de piscifactoría) pero conta con resultados contrastados ó longo da península, incluso cós barbos.
Eiquí tendes unhas fotos da xornada.
o escenario de pesca
encestando

algunha non estaba moi convenciada de colaborar
esta é unha mostra das preciosidades que habitan o TLSM

unha irmá mais pequena

outra boa moza

algún reo pequeneiro había. Os seus curmáns maiores eran mais desconfiados

En fín un día para o recordo en compaña do Jose e o can pescador Luka, que en todo momento estivo a vixiarnos.
E toda festa en Galiza, por suposto remata nunha pararota, que por suposto tivo lugar en Amaido, onde Iolanda e Carlos nos trataron como reis. E antes a conversa con Pepe o ganchero para empaparnos da súa sabedoría.
Un día completo.

jueves, 14 de julio de 2011


¡¡¡QUE ASCO!!! AHORA TOCA EN CASA...




Después de celebrar los concursos sociales y de disfrutar en compañía de buenos amigos, salta la liebre, una llamada nos comunica que el río baja blanco de la depuradora hacia abajo... Nos acercamos allí y comprobamos lo que ocurre. Pero no se ve el fondo ni los peces... sacamos fotos y poco más. A la mañana siguiente nos acercamos a comprobar el alcance del desastre y empezamos a ver algunos peces muertos... 3, 4, 5.... cuanto más vamos bajando más se van acumulando en los tramos más parados del río...

Llegan los guardas, el Jefe de sector, el jefe de zona y un tercer guarda. Se calzan los vaders y comienzan a recoger peces de la parte de abajo del tramo, río arriba. Tres bolsas fueron al final el resultado de las habilidades de los guardas en recoger cadáveres. Tras el recuento, estos se cifran en más de 200, a los que habría que sumar los que quedaron en zonas de difícil acceso y los que estaban pegados al fondo.

Los guardas presentarán su denuncia y veremos en qué termina todo esto. Ahora queda explicar a los socios que estuvieron días y días trabajando en el coto, que en un par de días se fue todo al garete.

martes, 12 de julio de 2011

TREBELLOS DOUTROS TEMPOS

Andando pola rede recopilei esta colección de señuelos curiosos do tempo dos nosos maiores.
















En USA o coleccionismo de señuelos move moreas de diñeiro, especialmente cando son pezas se escasa tirada. O sunmun é cando se conserva o embalaxe de orixe. Nestes casos se pode chegara a pagar ata 500-1500 $ por peza. E sempre hai brutalidades en casos singulares.
Non é doado, pero nalgunha tenda de pesca desas de vello, que algunha queda no País, podedes atopar cousas equivalentes, posiblemente dignas de estar nunha vitrina.
Eu pola miña parte atopei algunha cousiña e a teño gardada como ouro en pano.


INVESTIRAN PRETO DE 3 MILLONS NA LIMPEZA DOS RIOS GALEGOS

12/07/2011 - Galiciaé/Axencias

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, presentou este martes a ampliación en case tres millóns de euros do orzamento para a limpeza e mantemento dos ríos da demarcación "Galicia-costa".
Menéndez explicou en rolda de prensa que este diñeiro vén sumarse aos máis de 5,6 millóns orzados para o labor de limpeza, mantemento e mellora dos ríos entre 2009 e 2013, cuxo gasto se adiantou principalmente por actuacións de urxencias que se tiveron que realizar na Mariña lucense polas choivas de 2010.

"As previsións desbordáronnos", pois o diñeiro dos contratos, previstos para dous anos, "esgotouse antes e por iso houbo que facer esta nova licitación", que dará un "servizo moito máis áxil", dixo o responsable de Augas de Galicia..

O orzamento novo será de 2.970.534 euros, cos que se formarán tres brigadas de traballo simultáneas en cada unha das subzonas norte, centro e sur, principalmente para o acondicionamento, a protección e mellora da contorna natural dos máis de 11.200 quilómetros de rede fluvial.

Menéndez anunciou ademais que estas actuacións estarán rexidas por un sistema de bioingienería que fará que os cauces sexan máis naturais, pois é o xeito en que "mellor funcionan", explicou, nas que se lle dará prioridade a materiais como a pedra ou a madeira e non o formigón.

O presidente de Augas de Galicia tamén fixo un balance das actuacións nesta materia desde 2009, nos que se investiu máis de 5,6 millóns de euros en 271 actuacións de limpeza dos ríos, a eliminación de atascos e o control da vexetación en cáuselos fluviais, que corresponden ao 44 % dos ríos galegos.

Menéndez explicou que todas estas actividades planificáronse a través das "necesidades", xa sexa a demanda dos concellos ou de particulares, e que, tras o informe de Augas de Galicia, analízase e priorizan.
A ver se é verdade e non temos que aturar selvas sin sentido e vertedeiros nas nosas ribeiras.
TAL E COMO A QUE EIQUÍ VEMOS, ONDE VIVE ATA TARZAN 

lunes, 4 de julio de 2011

CRONICA DO XI CAMPIONATO DE MOSCA CIDADE DE NARON

En data 2 de Xullo celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
O lugar da competición foron os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño sen morte.
Contouse coa participación dun total de 34 pescadores, chegados de puntos tan dispares como León, Asturias e outras provincias galegas.
A proba deu comenzo ás 9:00 h, logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós participantes na Cervecería Marvil.
Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.
A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (176) para o que acostuma a ser un campionato, e tamén hai que reseñar o feito de que ningún participante fixera ningunha bicicleta (doble cero).
Na manga da mañá hai que destacar que todos os tramos renderon capturas en abundancia, pese a que foi comentario común o escaso tamaño das capturas, posiblemente polo baixo nivel das augas, feito mais acentuado no couto sen morte, que en moitos tramos está baixo mínimos.
Tamén na manga da mañá hai que destacar a presenza de formigas voladoras nalgún dos tramos, feito que fixo despegara ás troitas e facilitou a súa captura con imitacións de terrestres.
No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.
A manga da tarde caracterizouse por un inicio tórrido, cunha calor case tropical, que aplatanou as troitas en moitos dos tramos. De novo as imitacitacións de terrestres foron as moscas mais rendedoras.
No final da tarde, xa case empezado o sereno, a entrada dun fronte frío e a brusca baixada de temperaturas estragaron as ilusións dos participantes do segundo turno, ralentizando as capturas de forma brusca.
No anectotario do día destacar as persecucións ás que foi sometido Vicente Pico por parte dos parrulos lavancos que viven na parte baixa do río. Tanto o quitaron das súas casillas, que xa estamos pensando en cambiarlle o nome de Papito polo de Patito.
Tamén sinalar que logo de obter o 3º posto na proba o presidente da entidade manifestou publicamente a súa intención de retirarase da competición, xa que lle parece imposible volver a obter resultado tan bó. Nada mellor que unha retirada na cima do éxito.

Finalmente a clasificación que dou como segue:

Rafael Bella Bermúdez
2º Jose Manuel Baldonedo
3º Eloi Saavedra Vidal
4º Daniel Mera
5º Rubén Brage Manivesa
6º Carlos A. Sanchez Martinez

Peza maior Eduardo Fuentes

Maior nº de pezas Rafael Bella Bermúdez

A entrega de premios tivo lugar na Cervecería Marvil, onde se puido degustar un estofado de xabarín dos que quitan o sentido preparado pola Maribel e con carne procedente dos xabaríns cazados pola cuadrilla de caza maior da Sociedade.
Mención a parte merecen as marabillas de trofeos confeccionados pola artesá de Laraxe (Cabanas) Lupe Mesía, realizados en vidrio fusionado e que acabaron de lucir un día perfecto.
Expresar o noso agradecemento a tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.
Tamén temos que expresar a nosa ledicia polo bon estado que presentan as augas e fondos do río, que presentan unha capa de briofitas (musgos de río) que fala moito do bon estado do río. Esta alegría está matizada pola alarmante baixada de nivela das augas causada pola seca desta primaveira. Esperemos que algún trebón alivie un pouco esta situación, porque senón todas estas melloras que experimentou o río poderían botarse a perder chegado o mes de Setembro, no que poderíamos estar ante unha situación de extrema gravidade.
Recordar finalmente, que os cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, se a seca o permite, no couto de pesca sen morte de San Sadurniño, en data 3 de Setembro. Ó estra clasificado Rafa Bellas con anterioridade, entra no Master o 6º clasificado Carlos A. Sanchez Martinez.

ELOI SAAVEDRA VIDAL/PRESIDENTE DE ASOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA

o tamaño dos escarabellos no xuvia

os trofeos

a concentración pola mañá

rubén brage pescando na presa de loureiro (san sadurniño)

o padre mera pescando e as dánicas eclosionando

mera vello no pozo das pedras

o campión rafa bellas

os meus 30 segundos de gloria

remate de cena e persoal tomando as copas ó raso