lunes, 27 de enero de 2014

E Waldemar ferveu ¡¡¡ - 10ª Xornada Técnica e cocido romano

Este finde foi a X edición da xornada técnica de Waldemar.
A verdade é que achegarse a Ligonde, por un ou outro motivo, sempre é unha cousa boa.
Estar entre amigos, como moi ben apuntaba o Doutor, é un dos grandes piares da pesca. E se encima podes aprender deles pois xa é o culme.
E aí estivemos. Un ensinando o pouco que non sabemos e outros ensinando o moito que saben e que colleitaron ó longo da súa vida de montadores.
Pero se hai algo que me gustou desta edición foi que o taller versou sobre moscas de pesca.
Diredes algúns: Foiselle a pinza. Non estabamos a falar dun taller de montaxe?. Pero a miña afirmación, coma as pegas, trae rabo.
En moitos talleres de montaxe, e conste que eu non me libro da acusación, os mestres montadores, tratan de ensinar as súas mellores galas, as moscas mais vestidas e mellor adobiadas. E iso está ben, porque a montaxe de moscas, sen o compoñente de arte e estética que ten esta disciplina, perde moito. Pero non debemos perder o obxectivo. As moscas, e isto é unha perogrullada, pensáronse para pescar.
E isto foi o que se fixo neste taller. Cada un dos presentes ensinou a montaxe das súas moscas (habituais ou non) de pesca.
Así cada un montou as súas creacións e a min deixáronme montar un par delas: A Fulget e a Universal de Narón tuneada. Tratei de explicar o pouco que sei acerca do uso da pata de lebre ártica na elaboración de emerxentes, que son as moscas coas que pesco digamos un 40 % do tempo.
E despois de todo, un cocido ben presentado por Mónica e mellor aproveitado pola concurrencia. Dixen eu do cocido romano pola cantidade e calidade de ingredientes. Parella como nos deades de xantar así non vai ser doado que deixemos de vir ...
E isto e ver a amigos que no tempo da veda son difícilmente atopables, foi o que deu de si a cousa.

Foto de familia


Concurrencia na mañá
Concurrencia da mañá (e 2)
Mr Mera
Mr Seijas

Juliño dándolo todo
Coloquio


O que montei en lebre artica- Fulget e Universal de Narón tuneada

Detalle da Universal de Narón tuneada
 

Incluso ata ese señor baixiño e sospechoso fíxome caso




Pousado do elenco de montadores e de Alfredo de Madridflyfishing