E imaxino que as robalizas tamen andan no mesmo.
Estes días veuse unha gran mancha de peón (Ahterina presbiter) na desembocadura do Xuvia. A falta de caudal do río e atemperatura da ría serán os responsables, imaxino.
O caso é que a remolque deste cardumen apareceron cantidade de reos que se están internando xa no río logo de pórse cegos cos peóns.
Ven isto a conto de que tamén seguindo a estes adiantados turistas estivales, tamén estarán as robalizas internándose na ría.
E como non todo van ser salmónidos, púxenme mans á obra pola tarde, e isto foi o que saeu do torno entre outras cousas.
| Muxo verdoso | 
| Muxo traslúcido | 
| Muxo de lá de ovella | 
| Un pequeno banco de muxos | 
 
