martes, 27 de marzo de 2012

Vadeadores e flotabilidade. Seguridade no río

Moita xente asume que cós vadeadores postos, se cae na auga, vai ir ó fondo como un chumbo.
No video que poño a continuación podedes ver unha probas de piscina nas que se desmonta este mito e se poden quitar as seguintes conclusións:
  • O vadeador de neopreno é insumerxible incluso no peor dos escenarios. Isto é, engadindo un peso suplementario excesivo (chumbo no video)
  • O vadeador de pvc tamén flota, si ben esta flotabilidade ven dada en gran parte polo aire que garda no interior. Isto poderiamolo extender ós transpirables.
  • Nos dous tipos de vadeadores se pode nadar con eles aínda có interior inundado.
  • En ambos casos a flotabilidade mellórase moito cun chaleco salvavidas.
Como corolario eu daría as seguintes recomendacións:
  • Sempre que vadeemos en augas profundas usar o cinto para evitar as entradas de auga masivas e a perda de aire que actúa como reserva de flotabilidade.
  • No caso de ríos profundos e augas rápidas levar un chaleco salvavidas (os autohinchables son ideales e no Decathlon están a 60 €) ou no eu defecto e como solución barata de reserva de flotabilidade, meter un recorte de plancha de foam ou similar no bolsillo  traseiro do chaleco (o do impermeable)
Eiquí tendes o enlace para que quitedes as vosas conclusións, que sempre é o mellor.

domingo, 18 de marzo de 2012

Arranque de tempada 2012. Encoro das Forcadas

Xa arrancou a tempada e non o fixo con foguetes.
Por comentarios de amigos a cousa foi mal, moi mal.
Hai que pensar que en tres ou catro días as temperaturas baixaron unha barbaridade e a auga fixo acto de presencia. E benvida sexa, que prefiro perder unhas xornadas de msoca seca de Marzo, que chorar pola seca en Agosto.
Por se non fora pouco tamén comenzou a nevar en cotas altas. O Cadramón e a Xesta tiñan neve aínda que non moi abondosa.
Esta neve e a entrada da fronte que a trouxo desbarataron  a xornada dun grupo de amigos. Póñovos en situación. Un lote de xente que forma parte da alta competición e á hora que escribo isto, non levaban mais que dúas colillas collidas. O Ouro non se quixo portar hoxe.
No meu caso optei polo embalse das Forcadas e facer traballar un pouco ó pato, que xa tiña telarañas.

E visto o que foi a xornada, non me foi mal. Unha troita de 1/2 Kg collida cun Woolly Bugger negro e pescado moi no fondo. Por certo en tempo de desconto, cando xa ía de volta. Un par de picadas mais e ata logo.
Os compañeiros que andaban nas inmediacións levaron unha troita cado un, de mellor tamaño, sobre do kg.

Non foi nada para celebrar, pero o mono quitouno.

Tempo virá para coller troitas a mosca, e río e sin argalladas.
E si tivemos que ir ó embalse témosllo que agradecer a algún gilipollas da Dirección Xeral de Conservación, que sigue turrando en que os coutos e libres sen morte da comarca abran cós acoutados xerais para o 1º de Maio. Este ano propuxemos que as zonas de pesca sen morte abriran en Marzo, e aínda estamos así. MANDA TRUCO .
En fin, espero que tiverades mellor arranque, pero a min velas, xa me deu a vida.
A sorpresa foi que voltado á casa e preto da estrada atopei isto

Un bando de mazaricos mouros (Plegadis falcinellus). Que preciosidade de aves. Parecen os nosos pampos de maio, nome que lle damos na zona ós mazaricos, pero teñen uns brilos metálicos espectaculares. En canto deixen o campo ei repasar a ver si as plumas valen para algúnha mosca salmoneira.
Paciencia, que isto soamente acaba de empezar. A ver se as choivas non nos abandonan e podemos divertirnos mais adiante.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Plantacion de ameneiros no xuvia

O río Xuvia recupera as súas árbores tras sufrir unha praga

A Sociedade de Caza e Pesca planta 250 ameneiros para repor os exemplares afectados por un fungo

Esta praga infecta ás árbores da ribeira producindo a morte dos exemplares ao impedir o ciclo da savia das árbores. «Non está moi claro como se extende, pero ou caso é que canle baixo do Xuvia está a ser a praga, producindo a seca e posterior caída do arborado á auga», sinala Eloy Saavedra, que dirixe a sociedade.
Para tratar de reverter esta situación, a entidade programou esta plantación que foi autorizada pola Dirección Xeral de Conservación dá Natureza da Xunta de Galicia, pois o río Xuvia pertence á Rede Natura 2000 e constitúe un LIC.
Viveiro natural
As árbores plantadas non proceden de viveiro comercial senón que foron colleitados nun viveiro natural que se formou na beira do río sobre unha reposición de terras con motivo da construción da escala da Presa do Rei. Estes traballos forman parte do convenio que a sociedade ten coa Dirección Xeral de Conservación dá Natureza. As tarefas terán continuidade a próxima semana coa retirada dos troncos caídos na canle, recompilado dos exemplares e podas en posturas de pesca.
Máis adiante, detallan desde a sociedade naronesa, cara a setembro, coas augas baixas, procederase á mellora dos frisaderos de salmónidos nos tramos baixos do río.
Aí estamos dándolotodo ¡¡¡
O que sí os da prensa como sempre amañando todo. Frisaderos ...A vez anterior fresaderos. Que será o próximo?
Menos mal que mandei un comunicado de prensa por escrito, que senon calquera sabe ....

sábado, 10 de marzo de 2012

COUSAS DA MOSCA.DICCIONARIO DO MOSQUEIRO



Trueiro Ediciones acaba de publicar su primer libro. Lo firman Alberto Torres, Miguel Piñeiro y Julio Seijas.
El Prólogo es de Emilio Fernández Román.
La Entrevista es a Guy Roques, el Mosquero Andante.
Los “Lances a Mosca” son de Juan Delibes, Joaquín España, Alberto Mera y Pepe Casal.
El Epílogo es de Juan José Moralejo.
Las ilustraciones son de Xaquín Marín y Pablo Capote.
Los óleos son de Carlos Bóveda e Carmen Roca.
Los montajes y moscas son de Manuel Gómez, Vicente Pico, Rafa Bellas, Ramón Feros, Marcos Prado, Arturo Alonso, Pedro Fernández, Paco Redondo, Pedro Vigil, Cholo Ruíz, Vicente Longo, Sergio Longo y los “Artesáns” Julio Seijas, Oscar Gayoso, Alberto Mera, Fernando Comba, Andrés Touceda, Manuel García, Suso Vilar, Noelia Gayoso, Francisco Porto, Juan Gayoso, Miguel Seoane, José Manuel Baldonedo, Luís Piñeiro, Xaquín L. Muíños, Jorge R. Maderal y Eloy Saavedra.
Las fotos son de El Corte Inglés de Santiago, Javier Pereda, Alberto Nevado, Carlos Carballa, Luis Pereiro, Manuel Méndez, J. F. Chus, Bernardo Baragaño, José Luís Brandón, Manuel Suárez, Xosé Ramón Suárez, Nino Corral, José Antonio Mera, Juan Zulueta y Javi Martínez.
La foto de portada es de Toño Hernández.

Depósito legal: C-362-2012
ISBN: 978-84-615-7542-8
Imprime: Tórculo Artes Gráficas
© 2012 Trueiro Ediciones

El libro se presenta el sábado 17 de marzo, a las 8 de la tarde, en El Corte Inglés de Santiago.


--
Miguel Piñeiro
www.miguelpesca.com
Xornal Trueiro
www.trueiro.com
670 587958
 
Rematado o comunicado da editorial debo decir que a xente que colaboramos con Trueiro estamos que rebentamos de ledicia por este novo salto cualitativo.
Pasar de ser un periódico a ser unha editorial é un salto grande, moi grande, un salto que nin imaxinabamos hai 5 anos cando empezou esta aventura.
Espero que sexa un comezo dunha singladura longa e productiva, con moitos mais libros.
E do libro, que decir? A garantía de calidade de tres autores como Xuliño, Miguel e meu primo, para min xa é bastante tarxeta de visita. O resto aportamos para o libro o pouco que foi necesario.
Estou debecendo por podelo ler e xa vos contarei mais polo miudo.
E espero vervos a moitos de vos na presentación do sábado 17 de marzo, ás 8 de la tarde, no El Corte Inglés de Santiago.

domingo, 4 de marzo de 2012

POR FIN CHEGOU O BÓ TEMPO

Esta é a gráfica de precipìtacións do observatorio de Aldea Nova en Narón.
Como podedes ver, comenzou a chover, sin barbaridades, pero auga ó fin. A ver si continúa e non se escarallan os ríos.

Que non pare a racha, que xa me esou enchendo de escoitarlle ós urbanitas o bó tempo que fai. Son tan burros, que non se darán conta do mal tempo que fai ata que saia barro polas billas das súas casas. En fin, que decir da xente que vive de costas á Natureza ...
E como non todo ha ser roñar e poñer datos de observatorio, póñovos esta fermosa canción:

sábado, 3 de marzo de 2012

PESCAVALGA. Por aló andaremos

Domingo 11 de marzo de 2012
Lagoa Mina Mercedes, VALGA (Pontevedra)
1ª Feria de Oportunidades y Ocasión de artículos de pesca.
Todos tenemos en el trastero alguna caña, carrete o material que no usamos, pues esta es la ocasión para venderlas o cambiarlas por algo más útil.
Tiendas que participan:
DEPORTES CIBEIRA (Santiago)
EL ANZUELO (Coruña)
MADRID FLYFISHING (Madrid)
GARPERFISHING (Valencia)

Si estás interesado en vender artículos de pesca de segunda mano ponte en contacto: surfcastingmasters@gmail.com
Habrá Taller de Montaje a cargo de los “Artesáns da Pesca” Julio Seijas, Oscar Gayoso, Juan Gayoso y Paco Porto, además de otros montadores de moscas.
Podrás asistir a lecciones magistrales de lance a mosca a cargo de Félix Castillejo y el mundialista David Arcay.