Xa arrancou a tempada e non o fixo con foguetes.
Por comentarios de amigos a cousa foi mal, moi mal.
Hai que pensar que en tres ou catro días as temperaturas baixaron unha barbaridade e a auga fixo acto de presencia. E benvida sexa, que prefiro perder unhas xornadas de msoca seca de Marzo, que chorar pola seca en Agosto.
Por se non fora pouco tamén comenzou a nevar en cotas altas. O Cadramón e a Xesta tiñan neve aínda que non moi abondosa.
Esta neve e a entrada da fronte que a trouxo desbarataron a xornada dun grupo de amigos. Póñovos en situación. Un lote de xente que forma parte da alta competición e á hora que escribo isto, non levaban mais que dúas colillas collidas. O Ouro non se quixo portar hoxe.
No meu caso optei polo embalse das Forcadas e facer traballar un pouco ó pato, que xa tiña telarañas.
E visto o que foi a xornada, non me foi mal. Unha troita de 1/2 Kg collida cun Woolly Bugger negro e pescado moi no fondo. Por certo en tempo de desconto, cando xa ía de volta. Un par de picadas mais e ata logo.
Os compañeiros que andaban nas inmediacións levaron unha troita cado un, de mellor tamaño, sobre do kg.
Non foi nada para celebrar, pero o mono quitouno.
Tempo virá para coller troitas a mosca, e río e sin argalladas.
E si tivemos que ir ó embalse témosllo que agradecer a algún gilipollas da Dirección Xeral de Conservación, que sigue turrando en que os coutos e libres sen morte da comarca abran cós acoutados xerais para o 1º de Maio. Este ano propuxemos que as zonas de pesca sen morte abriran en Marzo, e aínda estamos así. MANDA TRUCO .
En fin, espero que tiverades mellor arranque, pero a min velas, xa me deu a vida.
A sorpresa foi que voltado á casa e preto da estrada atopei isto
Un bando de mazaricos mouros (Plegadis falcinellus). Que preciosidade de aves. Parecen os nosos pampos de maio, nome que lle damos na zona ós mazaricos, pero teñen uns brilos metálicos espectaculares. En canto deixen o campo ei repasar a ver si as plumas valen para algúnha mosca salmoneira.
Paciencia, que isto soamente acaba de empezar. A ver se as choivas non nos abandonan e podemos divertirnos mais adiante.