Extractado do artigo de GALICIAHOXE.COM
Enlace http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-adxudicara-agosto-seguimento-120-depuradoras-municipais/idEdicion-2011-08-06/idNoticia-691777/
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o Goberno galego ten o "compromiso" de que a herdanza para futuras xeracións debe ser "como mínimo a mesma" que a actual e avanzou que en agosto se adxudicará o contrato para o seguimento das 120 depuradoras municipais feitas polo Executivo autonómico.
"Dende a Xunta imos facer un dobre traballo: imos colaborar na supervisión das depuradoras feitas en Galicia e na súa explotación", asegurou Feijóo, que se referiu ao concurso para o seguimento e supervisión de 120 depuradoras municipales,con o fin de que se manteñan activas e teñan un tratamento efectivo que "permita devolver a auga nas mesmas condicións" en que se capta dos ríos.
O presidente da Xunta indicou que o Goberno autonómico tamén colaborará na explotación, cun decreto --que desenvolve a Lei de Augas-- para que as entidades locais decidan entre manter a xestión das depuradoras ou trasladala á administración galega. O decreto, dixo, estará aprobado este ano e entrará en vigor en 2012.
A ver se é verdade todo isto.
Por certo non estaría de mais recordar que o que suscribe apuntoulle esta idea ós representantes do PP nunha reunión conxunta con sociedades de pesca que tivo lugar en Decembro de 2009 antes das eleccións autonómicas. E tamén agradecerlle ó Sr Xaime Castiñeira que tomara nota desta proposta.
Nembargantes a Sr Ana Diaz (de infausto recordo no seu paso pola Consellería de Medio Ambiente) xa puxo o berro no ceo porque con esa proposta se invadían competencias municipais. Política típica: Para cada solución, un problema ...
Finalmente parece ser que non era tan imposible pór un pouco de orde na depuración de augas residuais.
Creo que será un paso importante para recuperar a calidade de gran parte das nosas augas continentais.