A pesar de non ser moi concurseiro vou tódolos anos e se os organizadores queren, espero ir moitos mais.
Falar de Waldemar é sinxelo e complexo a un tempo.
Sinxelo é falar dos amigos, das risas, de que te traten como un rei, case como se fora día de festa na casa da avoa.
Complexo é o cúmulo de emocións ó longo do día. Da pesca nun entorno único. De oscar e Mónica desvivíndose, como se non tivesen mais que facer que soportar a unha pandilla de becerros sedentos de pesca, de viño e con fame como se os acabaran de liberar dun sitio a unha cidade medieval. De Juliño estando en todo, sen esquecer detalle e comandando a comedia. De Piñeiro currándose o seu speech e consiguiente powerpoint. Moitas, moitas cousas.
Por desgraza este ano botaremos de menos unha das mais importantes. Todos os habituais sabemos a quen, pero non importa, sabemos que aló onde estea, estará desexándo que nos divirtamos. E non o dubides doctor, brindaremos por ti por todos aqueles anos en que nos alegraches a noite en casa de Oscar e Mónica.
Non quero poñerme nostálxico porque o mellor está por vir vereivos a moitos de vos o sábado. E que venza o menos malo ¡¡¡
Eu este ano non compito, no río quero decir, porque na mesa vou ser implacable. Con mouta antelación decidín deixar o meu posto de competidor a xente mais capaz para a competición. Eu estarei aprendendo cós grandes. Con Guy, con Longo. E seguramente teremos un rato para sentarnos, falar e acordarnos dos que non están no río, pero si no noso corazón.