martes, 3 de julio de 2012

CRONICA XII CIDADE NARON DE MOSCA 2012


En data 30 de Xuño celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
O lugar da competición foron os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño sen morte.
Contouse coa participación dun total de 29 pescadores, chegados tódalas provincias galegas.
A proba deu comenzo ás 9:00 h, logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós participantes no Bar Os Rubios de Neda.
Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.
A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (158) para o que acostuma a ser un campionato.
As condicións de partida do campionato eran complexas tras o trebón caido pola noite do venres, que deu lugar a un río toldado e cun pequeno aumento de nivel. Estas condicións condicinaron a posteriori o desnvolvemento da proba, facilitando a pesca con ninfa e dificultando enormemente a pesca a mosca seca.
Na manga da mañá hai que destacar que non houbo capturas en gran número polo estado do río, toldado como xa se dixo.
No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.
A manga da tarde foi unha clara continuidade da da mañá. Soamente algúns fenómenos, que á postre serían os gañadores, puideron facer tarxetas abultadas mediante a utilización de ninfas, ben mediante a técnica do fío ou sobre todo mediante o tandem.

Finalmente a clasificación que dou como segue:


1º Julio Seijas
2º Alberto Mera
3º Guillermo Torrente

Peza maior Manolo de Foz

Maior nº de pezas Julio Seijas


A entrega de premios tivo lugar no Bar Os Rubios de Neda, onde logo dunha cena de doblar preparada por Zaira e Cristina, fixemos unha pouca comedia.
Expresar o noso agradecemento a tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.

Recordar finalmente, que os cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, no couto de pesca sen morte de San Sadurniño, en data 15 de Setembro. Neste Master bateranse os mellores pescadores dos concursos oficiosos que se celebran en Galicia






Juan pescando ó fío no tramo da piscifactoría





Xantar no Riboira

Reunión vespertina nos Rubios

Elenco de trofeos



Regalos donados polas tendas de pesca Arpón e Agropesca

Cena nos Rubios


Gañador e maior nº de pezas. Julio Seijas

2º posto Alberto Mera

3º clasificado Guillermo Torrente

Peza maior. Manolo de Foz
E por último, o que sempre leva as canas dos sorteos dos concursos ....


Tivo xusto castigo ¡¡¡