Como non podía ser doutra forma os reos do Xuvia empezan xa a subir con forza para acadar as zonas de freza.
Levamos varios días controlando os puntos de apelotonamento de peixes para evitar que algún ''espabilado'' tome posicións e desbarate o que se presume que vai ser unha boa freza.
A pesar das escalas que instalamos nas presas de Retorta e Mera, hai algún turrón que con contumacia, decide que é mellor subir por onde sempre.
Este ano posiblemente entraron menos peixes que o ano pasado, pero tamén se pescaron menos, có que o espectáculo da freza dentro duns 20 días ou un mes, vai ser algo digno de ver.
Eiquí tendes unhas fotiños.
presa de mera |
Un intento. Fallaron peixe e fotógrafo |
Outro intento mais |
Mais saltos polo outro lado da presa. Este pasou |
Fixádevos no min 0:35.
Aí queda iso para os que dín que as escalas artesanais non valen de nada.