Quince números, quince, nada menos, de Trueiro.
Son poucos ou moitos segundo se mire, pero o caso que aí está o 'trueiriño' a punto de entrar no seu quinto ano de vida despois de gañar moitos amigos, un premio xornalístico, unha denuncia da antiga directiva da Federación Galega de Pesca... Estes catro anos deron para moito.
Durante esta semana distribuíuse o xornal, modestamente, como todo o que facemos. Aguantar xa é un pequeno triunfo e somos a única publicación periódica imprimida do mundo da pesca en Galicia.
Estamos a preparar 2012, xa non só en canto ao xornal, senón no que respecta ao calendario de actividades do Grupo MiguelPesca, que como sempre será nutrido e variado.
Contamos co apoio desinteresado de moitos amigos que fan Trueiro. Todos o facemos, colaboradores, firmas, clubs, sociedades, lectores...
A eles, grazas, boa pesca e felices festas