Fonte: Miguelpesca.com
Finalmente o Xulgado do Penal número 1 da Coruña condenou a sendas penas de cinco meses de prisión a José Luís González-Faba, conselleiro delegado de Ferroatlántica S.L., e a Román Lozano, director de explotación da compañía, como autores dun delito contra o medio ambiente.
A tódolos pescadores que esperabamos unha sentencia exemplar, esta sentencia deixanos un sabor agridulce.
Por un lado apreciamos que se condenara a prisión ós responsables do desastre e que se impoña unha indemnización para a restauración do río.
Pero dende a miña vista a cantidade de 305.954,33 €, pode parecer grande, pero veremos o que cunde en canto ese diñeiro se invirta a pe de río. A simple vista non creo que dea para moito na recuperación dun cauce ferido de morte pola cantidade de sedimentos verquidos dende o vaso da presa, pero xa veremos.
Valorase por outro lado en 80.000 € o valor dos peixes mortos, totalizados nuns 15.000.
Cando insistimos na necesidade de actualizar a Lei de pesca fluvial de Galicia os nosos tiros van por eiquí.
Non é de recibo a valoración irrisoria que se fai de grandes exemplares reproductores en período de prefreza, pero coa lei actual na man é o que hai.
Fonte: Miguelpesca.com
E grazas a que a sentenza se dicta considerando que os feitos son constitutivos de un delito contra o MEDIO AMBIENTE, previsto e penado no art. 325.1 do Código Penal, có agravante de delito de danos do art. 263 do C. Penal, do son autores los acusados (art. 27 y 28).
De aplicar estrictamente os criterios da actual Lei de pesca fluvial, a indemnización sería mais irrisoria.
En fin o dito, sentimentos contradictorios. Os pescadores de a pé esperábamos mas, moito mais. Pero quizais é demasiado cedo para que a xente se preocupe por un río e os seus habitantes.
Non obstante a miña noraboa ó Clube Salmo por mediante a sua personación como acusación particular e o seu traballo mediático, impedir que esta traxedia ecolóxica quedara no esquecemento.
Eiquí tendes a sentencia completa : https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0By9PHA1katFvZjMyODM4OWEtYzUxNi00MDZjLThlMDQtYTViNWM2MDE0YThh&hl=en_US