domingo, 23 de octubre de 2011

Praga de Phitophora alni no Xuvia

Esta semana fíxéronme unha pequena entrevista na TVG por mor da praga de Phitophora alni que está a asolar os nosos amemeiros da ribeira do Xuvia.
Este molesto fungo que esta a estragar ribeiras enteiras de toda Galicia, ó meu ver non está recibindo a atención necesaria por parte das institución que deberían coidar da nosa saude forestal, a saber, Producción Forestal e Conservación da Natureza.
Ambolos dous limitáronse a dar a orde de suspender as cortas e manexo de todas as arbores de esta especie entre os meses de Marzo-Outubro, feito que ó meu ver presenta tres perigos:
  • As árbores enfermas siguen no medio fluvial esparexendo as súas esporas (que clase de medida profilactica é esta ?)
  • Estas árbores enfermas acaban por caer no río, provocando atrancos de diversa consideración, e representando un perigo potencial para os usuarios das ribeiras (paseantes, pescadores e gandeiros)
  • Estes atrancos son unha fonte de concentración de lodos de consecuencias desastrosas nos meses de vrao, pola demanda biolóxica de osíxeno tan alta que teñen estes focos de materia orgánica en descomposición.

Antigamente as árbores que secaban (posiblemente por este fungo, pois non me cabe a menor dúbida de que por aquel entón o fungo estaba presente) se cortaban  e aproveitaban na lareira. Conclusión: Fonte de contaxio eliminada. Evidentemente as cousa cambiaron e o uso de madira de ribeira debe estar controlado e restrinxido pero non desbotado. As consecuencias desta política restrictiva están , o meu ver , á vista.

A VER SE SE POÑEN AS PILAS E DEIXAN  A INACCION

Tendes a entrevista neste enlace. Minuto 12:45
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-seran-151586