sábado, 16 de julio de 2011

Peche de salmón, a troitas...Outra de bichos

A verdade é que os deuses estanse a portar ben conmigo nas últimas xornadas.
Dun comenzo de tempada fatal pola continuación da imbecilidade da apertura dos sen mortes da comarca a 1º de Maio e pola escaseza de zonas de pesca adecuadas para a mosca na comarca ata esa data, pasei a uns días de pesca en Xuño que nin fu nin fa.
Nembargantes levamos un mes de Xullo, que non falando da espada de Damocles que representa a seca que nos leva, está a ser un relaxo baixar ó río.
E as sorpresas continúan río por río.
Así tramos do Xuvia e dos seus afluentes que a xente ten por deshauciados, están a darnos alegrías pescando con mosca, desas sorpresas que xa non esperas.
Continuando coas sorpresas o seguinte en darnos alegría foi o Eo.
Onte un amigo e eu fumos á zona Libre sen morte de San Tirso coa intención de dar por pechado o salmón por este ano. E a cousa pintaba mal. Un forte neboeiro acompañounos toda a viaxe dende Trasancos e non deixaba lugar para a esperanza.
Xa no río deixei que o Jose baixara á postura da Ponte, onde tiña unha conta pendente cun dos plateados do pozo, lingotes de prata xa con titulación universitaria, e que esperemos que perpetúen ese xenio no desove deste ano.
Eu pasei a pescar as tablas augas abaixo e arriba da ponte colgante, pero coa mirada posta nos reos.
Finalmente pasei unha mañá de pesca desas que fan afección.
Algún reo de pequeno tamaño toquei, pero as protagonistas foron as grandes troitas de San Tirso, peleonas e desconfiadas, que rexeitaron varias coores de bichos, pero finalmente sucumbiron ó fluor, o famoso bicho radioactivo, que ten un aspecto de risa (os amigos ingleses preguntaban se era para as arcoiris de piscifactoría) pero conta con resultados contrastados ó longo da península, incluso cós barbos.
Eiquí tendes unhas fotos da xornada.
o escenario de pesca
encestando

algunha non estaba moi convenciada de colaborar
esta é unha mostra das preciosidades que habitan o TLSM

unha irmá mais pequena

outra boa moza

algún reo pequeneiro había. Os seus curmáns maiores eran mais desconfiados

En fín un día para o recordo en compaña do Jose e o can pescador Luka, que en todo momento estivo a vixiarnos.
E toda festa en Galiza, por suposto remata nunha pararota, que por suposto tivo lugar en Amaido, onde Iolanda e Carlos nos trataron como reis. E antes a conversa con Pepe o ganchero para empaparnos da súa sabedoría.
Un día completo.