martes, 26 de julio de 2011

Dobles soldos. Presuntos furtivos na administración

Galiza, coma España, é un pais incrible.
Resulta que algúns dos nosos funcionarios non deben de cobrar a fin de mes e por iso, necesitan dotarse dun soldo a maiores para asegurarse de ter un soldo polo menos.
Isto non é novo. Recordade aqueles listos da Deputación de Lugo que tiñan unha consultoría paralela que facía chollos para a administración, esa na que eles curraban pouco e por iso tiña que contatar asesorías externas.
Da misma maneira acaban de coller a un artista en Pantín (Valdoviño) que no seu coche oficial de Medio Rural (Servizo de prevención de incendios-Distrito I) levaba 8 kg de percebes e un traxe de neopreno. O que dicíamos: Por complementar.
Pero resulta que isto xa pasou tamen en Medio Rural no caso de Ximonde. O peón que ''paleaba'' salmóns e lampreas do capturadeiro e que finalmente e polos seus compañeiros foi collido coas mans na masa.
O lamentable neste caso foi que si ben o delicuente foi desactivado e trasladado de servicio o seu castigo foi tan irrisorio que da vergoña allea referilo: Tres meses de suspensión de soldo e o traslado.
O que non pode ser é que ante un caso que salpica á honorabilidade dun colectivo capaz e sacrificado, que en moitas ocasións rinde ó 200 %,facendo mais horas das que lle corresponden, se atalle un comportamento desleal cunha sanción irrisoria como no caso de Ximonde.
Esperamos que unha sanción exemplar sirva para poñer a cada un no seu sitio e deixar empatenada  a folla de servicios do colectivo. Eles mesmos reclaman este castigo exemplar segundo comentan fontes do mesmo servicio.
Quedamos á espera.

Tendes mais información en Albertrucho e miguelpesca : http://albertrucho.blogspot.com/2011/07/despues-de-ximonde.html http://www.miguelpesca.com/especiales%20percebes.htm