viernes, 11 de abril de 2014

O Narcea, un mare ¡¡¡

O martes pasado como o aburrimento pesqueiro na comarca de Trasancos é moito, e soamente se pode rachar indo ó encoro, sumeime a unha expedición para irlle dar un ataque ó Narcea.
O liante foi Gonzalo, alias o cociñeiro, que se acorda dos amigos e chamoume para ir aló.
A pesar do madrugón a verdade é que coa apertura dos tramos que restaban na autovía do Cantábrico a viaxe ata Cornellana é un paseo. Incluso a parte a priori mais perigosa no tramo correspondente ó Alto da Corda, que pasamos a ir e voltar con neboeiro, agora pola iluminación especial que ten a autovía para estes casos, é moitísimo mais seguro que cando iamos pola Xesta.
Pois iso, que nunha hora estabamos en Ribadeo e que en outra mais xa andabamos almorzando no Marios en Cornellana.
Logo de falar có propietario e aconsellados por el, decidimos que tal como estaba o río o seuu sería abordalo na Isla e en Carbajal e así o fixemos.





Como podedes ver a Isla estaba no límite do pescable ...Para quen tiña equipo adecuado ...
A Ironfeather de 12,6  do 8 # có baixo plomado e os tubos toupea un pouco. É unha cana estupenda para pescar con baixo flotante e moscas tradicionais, pero que con artillería pesada colapsa. Isto non me preocupa cando vou ó Eo, pois de feito esta cana a merquei para o río no que pesco habitualmente, pero o Narcea evos moito Narcea, e necesita con augas altas equipo específico. Pero para 2 veces que veño no ano, non vou mercar unha 15 pes nin unha skagit plomada. Así que ajo e auga (e moita que había) e pescar mais arrimado. Total de haber salmóns eles tamen habían de arrimar ...
Gonzalo, pola súa parte cun cañón Diamonback de 15 pés e línea do 10, non tivo problemas. Arrastraba o baixo rápido. Arrastraba os tubos. E arrastraría un gorrión amarrado polos pés se o puxera ...
Pero nin có mellor equipo, se non hai salmóns ou se os poucos que hai están desganados e camuflados no medio dun mar océano, se pode facer moito.
Logo de mallar a Isla a tódolos xeitos e ocurrencias, decidimos cambiar a Carbajal.
Carbajal, como podedes ver, estaba mais pescable. Sempre aguanta mais auga, pero esta estaba fría de carallo e mais de 10 min vadeando, a pesar do neopreno de 5mm, eran unha tortura.
En Carbajal había dous ribeireños cós que estivemos de palique e que non tiveron inconvinte en que pescaramos á nosa comenencia. Nin media hora nin ostias. Así da gusto. 
Un deles, que se chama Juan, pescaba a devón,cousa hoxendía pouco vista e inda nos regalou un destes aparellos, que será oportunamente fusilado para usar en condicións similares á deste día. Por si me leeras, graciñas meu.




E isto foi o que deu o día de si. Picadas ningunha. Tiven un susto de carallo cunha pola que baixaba sumerxida, e que pensei que era o premio gordo. E o mais importante foi estar todo o día de leria cun amigo, coñecer xente nova da ribeira e como non parar en Cornellana a saudar a Bea no Central e xantar como príncipes no Ricardo.
Un día completo.
E por último darlle as grazas a Gonzalo nos créditos por todas estas fotos que lle paleei e que fixo coa Go-pro. Cando se vai lonxe pódese levar casi todo. Todo nunca. E eu fun sen a cámara.

miércoles, 2 de abril de 2014

Xuvia a polo VIII CAMPEONATO DE ESPAÑA OPEN DE SALMÓNIDOS MOSCA-CLUBES


  O equipo de pesca a mosca da “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” constituido por Rafael Bellas, Vicente Pico, José Manuel Baldonedo y Alberto Mera, asistirá ó VIII CAMPEONATO DE ESPAÑA OPEN DE SALMÓNIDOS MOSCA-CLUBES, CATEGORIA ABSOLUTA” que se celebrará en no río Piloña-Infiesto (Asturias) entre os días 4 al 6 de abril .
Van aló logo de clasificarse campeóns galegos de esta modalidade o pasado año no mes de maio nos ríos Anllóns e Xallas.
É a 2ª ocasión na que o equipo participa neste campeonato en tan solo tres anos, sendo o clube mais laureado de Galicia nesta modalidade.


Ata eiquí foi a nota de prensa oficial e asèptica e a foto de nenos bons.
Agora o meu comentario persoal.
Aparte de ser bós amigos meus, os bergantes que vedes na foto son unha pandilla de fenómenos da mosca, cada un coa súa persoalidade e estilo. Pero fan un equipo de primeira, que como xa comentei arriba, leva un palmarés impresionante nos derradeiros anos.
Van para maiores, pero como dí o refraneiro, mais pode o raposo por vello que por raposo ¡¡¡       
Un equipo para estar totalmente fachendosos nunha pequena sociedade como é Xuvia.
E por isto non me quedan dúbidas de que van traer de volta o Trofeo do Open, así sexa pola orellas.

A POR ELAS RAPACES, QUE SON MOITAS E COBARDES

Sortiña e esperemos que o río se comporte. 

Quero dende estas liñas aproveitar para dar as grazas ós patrocinadores de este equipo de competición. En primeiro lugar ó diario de pesca Trueiro, a tenda de pesca Agropesca de Fene e a tenda de bordados e gravados Enfios.com.


 

domingo, 23 de marzo de 2014

Anticazas e hipocresía

Pide outra ración home ¡¡¡
E de paso que che sirvan outra mais de tolerancia, que boa falla che ha facer para dixerir a empanada mental que tes ....


Os cazadores son uns asesinos, pero eu como uns paxaros fritos que outros cazaron en plena época de veda e xa son menos asesino¡¡¡
Y atomarporculolabicicleta ¡¡¡

O estado dos ríos galegos. Informe en V ''Adiós ríos''

Cauce do Sar 





Comparto con vós o programa de onte onde se analisou por riba a catastrófica situación de saude medioambiental que sufren aproximadamente o 30 % dos nosos cauces. Paréceme unha cifra optimista pero é a que se acepta ...
http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2014/03/23/0031_90_205216.htm

E para que vexades que o show must go on, noticia sobre o cauce do Lagares (xa a estas alturas chamarlle río parece unha bulra)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/03/23/aparecen-cientos-peces-muertos-rio-lagares/00031395587693803973284.htm

Oscar Vazquez