viernes, 12 de junio de 2015

XV anos do Cidade de narón de pesca a mosca


Pois si. Xa van 15 edicións do Cidade de Narón de pesca a mosca.
Parece que foi onte cando empezamos esta comedia, e como dixo o filósofo das Pontes, o tempo vaiseeeee ¡¡¡
En fin, ós que xa peiteamos canas, fainos a nostalxia recordar cando nos principios dos tempos, calquera membrillo (eu por exemplo) podía acadar un posto no podio.
A día de hoxe antóllase imposible, porque có elenco de competidores provinciais, autonómicos, seleccionados, nacionais, mundialistas, mediopensionistas e afeccioados de alto nivel, a cousa pinta mal para os que vivimos a competición de forma relaxada ...
En todo caso dar as grazas ós que fixeron posible esta aventura ó longo de todos estes anos, e por suposto lanzar a luva do desafío ós que veñan este ano ou que estean por vir para os vindeiros.
Recordar que a competición desenvolverase en mangas de mañá e tarde nos coutos de Xuvia e San Sadurniño sen morte, ambos no río Xuvia.
Recordar que esta proba é clasificatoria para o Marter Miguelpesca que se ha celebrar o 12 de Setembro no sen morte de San Sadurniño.

Xa entrando en materia, comentarvos que o plan de vó é mais ou menos o que sigue:
  • Concentración ás 7:30 h nos bar os Rubios na Mourela (concello de Neda)
  • Entrega de documentación e posterior saida ás 8:30 h.
  • Inicio da competición nos tramos asignados ás 9:00 h
  • Remate deas mangas da mañá ás 14:00 h
  • Xantar no restaurante Riboira de Lamas (San Sadurniño)
  • Reinicio da competición ás 16:00 h
  • Remate da competición ás 20:30
  • Concentración nos Rubios para a cea de peche e entrega de premios.
  • Comedia ata as tantas na Feira Xuviño ....
O dito esperamos que vos animedes a vir, e esperamos que o tempo se porte e permita mangas con abondosas capturas que non deixen dúbidas de quen é o mellor