viernes, 10 de mayo de 2013

Gravación con Jara y Sedal en Lires

O mércores e xoves desta semana andivemos de gravación có equipo de Jara y Sedal por terras da Costa da Morte o Santi Nitas e mais eu.
O punto elixido foi a desembocadura do río Castro na ría de Lires, fronteira entre Cee e Muxía. O protagonista o principe pobre: O munxe.
A pesca a mosca desta especie, denostada por algúns puristas, que só pescan especies nobles (e que casualidade, de alto valor gastronómico) poidovos asegurar que é unha das grandes oportunidades da pesca a mosca en Galiza.
Non vou poñerme a defender de novo a deportividade deste peixe, pero decir que penso que igual que o barbo, ó que coñezo de pasada, é un dos grandes da pesca continental sen discusión. O que penso sobre este peixe xa o puxen por escrito con motivo dunha anterior expedición http://moscasdetrasancos.blogspot.com.es/2012/04/o-principe-pobre-xornada-de-muxes-en.html.
Por este ring de Lires xa pasaron grandes canas deste e doutros paises. O mestre Marc Petijean foi un deles o ano pasado.
Con estes precedentes, pois puxémonos en mans de grandes profesionais capitaneados por Raul, e deixamonos facer.
Ansioso estou de ver o resultado da montaxe na TV e espero que vos guste. Non sabemos a data da emisión, que se supón que será na próxima tempada. Tereivos informados.
Mentres tanto terédesvos que conformar cunhas cantas imaxes das dúas xornadas de gravación.













miércoles, 1 de mayo de 2013

Día de salmón no Xuvia

Hoxe comenzaba a tempada de pesca de migradores en Galiza.
Era o que estabamos agardando moitos pescadores que temos os nosos ríos chapados a cal e e canto ata que abre a veda. E digo isto, porque non dou entendido a razón pola que os coutos e zonas libres sen morte están pechadas ata a apertura da veda. Non se entende que si non se fai extracción, non se poida ir desfrutar do río, por moitos migradores que teña.
Bueno, ó lío.
Quedei cun compañeiro ás 7:30 para tomar café.
Ás 8 xa andabamos a repartir relixión polo Xuvia adiante. El a cebo e eu a rapala. A mañá, logo de dar coa coor de peixe precisa púxose interesante. As troitas non estaban comedoras, pero estaban agresivas e as picadas se sucedían.


O mais rechamante do día foi a cantidade de esguíns de reo, tocados ou prendidos, que tanto eu como outros pescadores ó longo de todo o río (consultei xente que estivo pescando pola metade de recorrido do río) que se foron vendo. Cousa bóa que que augura unha boa tempada para o ano que ven. A verdade é que con anterioridade houbo un bó reclutamento de esguíns durante o mes de Febreiro, que se vían con abundancia no cauce baixo e a ría


Como digo unha mañá que non pasaba de entretida, porque varias pezas de porte non acabaron por prenderse.
Contra a mediodía decidín cambiar a afogada. Esta tempada estou tratando de poñerme ó día con esta vella arte e asegurar os rudimentos necesarios para poder pescar cunha certa seguridade. Como sabedes son refactario (polo momento) ó wolframio, pero a pesca a afogada, tan parecida á pesca a mosca do salmón, atraeme sobremaneira.


Según me poño a pescar as picadas sucédense. A maior parte das pezas son pintos, que neste tramo de río, enseñoréanse e mandan con claridade sobre troitas e reos.


Pero a sorpresa estaba por vir. De repente un pequeno toque, similar a outro pinto mais. Templo, isto é o difícil da afogada, non cravar na picada, senon templar e que a propia peza e a resistencia da liña fagan o resto. A resposta é inmediata. Un arreón brutal. Pola cabeza pasan moitas imaxes xuntas. E a resposta faise peixe. Noto que é unha peza de respeto e que se descolga. Duas tarascadas mais e quedase quieto. Estamos a ouservarnos mutuamente, penso. O corazón saeme pola gorxa.- E de repente vexo o cabezón xurdir. Mimá, que peixe. Penso en como estará cravado, penso se  0,20 de Tecnocast aguantará desta besta.
Pero xa mais tranquilo doume conta que algo non cadra. O peixe non está á altura. E a resposta chega á cabeza como un martelazo: É un zancado.
O peixe, logo de manterse alonxado pasa como de paseo, xunta de min. e vexo o que é. E un salmonazo, pero o seu perfil confirma a súa falta de carraxe e de forza.


Segundo problema. Non hai sacadeira, nin quen a dea. Por sorte está na ribeira o amigo Alberto, o dono desas ''desbrozadoras peludas do país'' que tan pacido e limpo teñen o Xuvia neste tramo. Achégase pola sacadeira ó coche. E un pouco despois aparecen dous pescadores mais. Un deles axudame a asalabrar.
Xa tendo craro o que é tratamos de minimizar o manexo do zancado, non lle vaia dar un repente e pasar a mellor vida.
Por desgraza isto fai que non revise se as fotos que me quita este auxiliador. E por desgraza as fotos non saen. Pero antes de pasarlle a cámara quito un primeiro plano da cabeza do peixe, onde se pode ver a mosca.


Non obstante a falta de fotos dame igual. Mellor un peixe vivo, que unha fotos boas. Para min é suficiente o recordo e logo de recuperado, velo sair como un foguete augas abaixo, éncheme dunha ledicia difícil de explicar. Soamente desexo poder pelexar con el dentro de dous anos, cando pese 4 kilos mais que agora de carraxe e forza mariña.
O zancado era un salmón macho duns 3 kg de peso e uns 70 cm de lonxitude.
Un día para recordar.




miércoles, 24 de abril de 2013

OUTRA VEZ EN CORNELLANA. Onde o salmón ten a súa casa

XV Feria del Salmón
Capenastur

Cornellana/Salas/Asturias




Este é o programa oficial da Feira


 



Hai cinco anos recibíamos a chamada da Feira do Salmón de Cornellana (Salas).

Participamos durante catro anos seguídos e, lamentablemente, o ano pasado non pudemos asistir por estar  a presentar en Santiago o libro “Cousas da Mosca. Dicionario do Mosqueiro”.

Este ano voltamos á feira salmoneira de Asturias e na que se dan cita numerosos pescadores galegos.
Voltamos a estar con tantos e tantos amigos que teñen ao Salmo salar como obriga no calendario anual. Voltamos a Cornellana, voltamos á Capitalidade Salmoneira do Principado.

Miguel Piñeiro, Director Técnico do Stand Astur-Galaico MiguelPesca


Logo da presentación de Miguel paso a expoñer o programa de actos do stand:

- Presentación do libro “Galicia Salmonera”
- Proxección do documental “Los salmones del Ulla”
- Video-proxección de vídeos e fotografías de la pesca del salmón

- Taller de montaxe de moscas de salmón
- Taller de montaxe de moscas para troita e reo

- Taller interactivo de montaxe

- Taller artesanal de broches
- Señuelos para mar (chivos, peixes artificiais e moscas)

- Exposición-exhibición de montaxes realistas

Engadiréi pola miña conta que estar en Cornellana é como estar en Santirso, é a nosa segunda casa.
Trátannos tan ben, que difícil será que nos dean convencido para non voltar.
As risas con amigos, a compaña de verdadeiros pescadores de salmón, a bruma con olor a salmo salar que exhala o Narcea ó seu paso pola veiga de Cornellana, son irrepetibles.  
Xa non vexoa hora de chegar, de comenzar a comedia e de ver a Davicín poñendo satélites en órbita coa axuda das súas nunca ben ponderadas botellas de sidrina XXXL .

UN ANO MAIS ENTRE AMIGOS 

 


jueves, 11 de abril de 2013

Churrasco e moscas

Como a sempiterna borrasca parece que non está moi pola labor de abandonarnos e as caixas xa están repletas, e os ríos impescables para a mosca, o tempo sobrante da para facer exercicios estético-humorísticos.
Recollín o guante que arroxou o mestre Joaquín L. Quintas coa súa mosca-hamburguesa e decidín contraatacar cunha imitación mais do país.
A ver como lles parece ...



CHURRASCO CON PATACAS FRITIDAS FOREVER ¡¡¡

lunes, 8 de abril de 2013

Experimentos con materiais sintéticos

Visto que o tempo non está moito por cambiar de tendencia e a pesca a mosca non é moi doada de practicar en, digamos, o 99 % dos nosos ríos, decidín poñerme diante do torno a amarrar algunhas moscas mais.
Nunca as miñas caixas estiveron tan ben surtidas ...
O caso é que con tempo por diante, decidín meter algúns materiais novos no torno, fundamentalmente organza e tubo de silicona.
A ver que vos parece.
E non, as de abaixo non son ninfas. Non abxurei da miña fe. Son afogadas.
Nunha próxima entrada ensinareivos os meus primeiros experimentos coa linea intermedia e con moscas afogadas. Pero iso é outra historia.











sábado, 23 de marzo de 2013

Piñeiro outra vez de pregoeiro

Pois iso, o amigo Piñeiro, que non para, e o próximo 30 de Marzo estará arreándolle ó pregón as Festas de Pascua de Padrón.

Para quen non o coñeza na Galiza (que raro será), este compañeiro de pesca, é aparte de pescador, director do programa Ríos e Montes na Radio Galega, que se emite ós Sábados entre as 6 e as 8 da mañá.

Hai poucos días no mesmo escenario de Padrón  tivo lugar a presentación do libro Galicia salmonera, que en comandita có Alberto Torres acaba de publicar a Editorial Trueiro. E agora xa da o remate có pregón deste ano.

Nada mellor que ser profeta na túa terra.

Noraboa Miguel. Que se dea ben ¡¡¡




domingo, 17 de marzo de 2013

Inicio de tempada no medio dun vertedoiro no corazón das Fragas do Eume

Hoxe comezou a tempada de troita.
En compaña de Dani, como skipper e coñecedor dos segredos do embalse do Eume, fumos facer unha prospección para ver como está a evolucionar esta masa de auga logo da contaminación química que durante a construcción da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) arrasou todo signo de vida no tramo que vai dende a vila das Pontes ata a desembocadura.
Xa no ano pasado algúns coñecidos foran algo a pescar nel e algunha troita apañaran, polo que queríamos ver como andaban as cousas.
O día abreu fríoe con vento de NW o que non presaxiaba nada bó no tocante a capturas.

Non obstante a dia foi abrindo segundo avanzaba a mañá e foronse abrindo uns claros que daban alas á esperanza de tocar escama.
Xa navegando no interior das Fragas o de menos case é pescar, unha paisaxe tan impresionante e agreste, merece por si soa a visita. E se pican, pois bárbaro.
E dito e feito, as troitas comenzaron a picar á raiola do sol.
Primeiro saeu unha boa moza de entorno o medio Kg, seguida doutra mais menuda pero prateada como un reo
Pero todo paraiso ten o seu inferno, e creedeme, eu non estaba preparado para o que ía ver nesta mañá de pesca.
En pleno Parque Natural, protexido por non sei cantas normativas sectoriais, por unha lexislación impecable, por dúas dúcias de axentes, vixiantes de recursos, peóns forestais, e non sei cantos efectivos mais, a merda (perdón RSU, que é mais requintado e fino) enseñoreábase das beiras. Botellas, caixas de plástico, rodas e non sei cantas porcalladas mais marcaban o límite da liña de inundación do embalse, estes días a tope polo desxeo e as fortes choivas.
Podedes ver nestas fotos todo o que fixo que me caira a cara de vergoña e a alma ós pés.
E poidovos asegurar que estes residuos non son desta tempada. A formación (ou deformación) de arqueólogo  fai que un mire os obxectos cunha visión diferente e poidovos asegurar que algunha das botellas que aboian teñen mais de 20 anos (Son daquelas botellas de Cocacola cun fondo de plástico negro)
Persoalmente paréceme de risa, que se dote de medios e efectivos este Parque, para que despois unha parte significativa del estea nesta situación deplorabel.
Que pasa, o que non se ve dende a estrada de Caaveiro non é do Parque?
Voltaremos á situación aquela da crise química cado o sr. director do parque afirmaba que o parque eran as Fragas e que o que sucedía no río non era problema seu?
A ver se desta vez me engano e se pon remedio nun prazo de tempo razoable a este desatre medioambiental, que poñendo un par de embarcacións a traballar, nun prazo de dúas semanas debería estar listo.
Logo desta parte desagradable. Recollimos os atarekos e quedamos con outros amigos para xantar nas Pontes. E gracias á paciencia da xente de Casa Ana, que nos atenderon bárbaro, apesar de chegar a deshora, desfrutamos dunha churrascada das de libro.
Logo da paparota fumos darlle un rebaixón polas ribeiras da vila e o que vimos foi isto
O Eume ía alto, pero os efectos dos arrastres do Chamoselo aínda eran visibles. Non é o desatre dos días álxidos da contaminación química, pero os arrastres de piritas e hidroxidos de ferro aínda non remataron. O río aínda ten bastante que sufrir e penar.