miércoles, 1 de febrero de 2012

Holbox. Tarpones no paraiso

A dirección de Auguas Vivas tivo a ben publicar o relato dun viaxe de pesca tropical que puiden facer  no 2010 a Mexico.
Como podedes ver, paseino de puta madre ¡¡¡

Non é a miña intención poñervos os dentes largos, pero si podedes permitirvos a viaxe, non o dubidedes.
A avantaxe é que Yucatán é un lugar onde podedes levar perfectamente á ''pantoja'' sen pisar na delgada liña que separa a convivencia de parella do divorcio, en canto lles falamos ás ''máquinas de reñer'' de ir por varios días de pesca e cando mais a un lonxano paraiso tropical. Con levalas a elas, LISTO ¡¡¡

Por suposto non dubidedes si tendes algunha pregunta ou se necesitaredes patróns de mosca para abordar esta aventura, en poñervos en contactoconmigo no correo do blog.

Por si queredes ter no voso poder a revista có relato completo, este é o enlace de suscripciósn a Aguas Vivas: http://aguasvivasmagazine.blogspot.com/p/suscripciones.html

jueves, 19 de enero de 2012

Orde vedas pesca 2012. Reeepetimos ...

Eiquí tendes o enlace coa orde completa : http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120118/AnuncioC3H1-090112-10808_gl.html

Como naquel anuncio antigo de postres lácteos reeeeeepetimos.
Temos de novo  unha orde de vedas anclada no pasado e que nada aporta de novedoso na xestión da pesca fluvial das masa de auga de Galiza.
Continuamos coa imbecilidade de poñer cortapisas á pesca sen morte en augas con migradores. Vexamos art. 3, 1, d : Coutos e tramos de pesca sen morte: do 18 de marzo ao 30 de setembro con carácter xeral, aprazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmoneiras, masas de auga de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.
Alguén me podería xustificar como nunha masa na que a priori non debería existir extracción, onde xa conclueu o desove e non existen outros problemas se prohibe a pesca sen morte?
Creo que non  porque os argumentos que se levan exposto (suposto dano ós migadores de baixada) non se sosteñen de ningunha maneira, polo menos en ausencia de estudos sobre o tema. Pero claro, o pescador con cana é culpabel ata que se demostre o contario...
Por supostísimo e a pesar de que sociedades como Xuvia o pediron por escrito, non temos ningún embalse para pescar a troita na tempada de veda no río. Nin con morte, nin sen morte, como era a nosa proposta. En fin  mais do anterior. O o varal presunto culpable, mentras non demostre o contrario.
Polo menos quédanos o consolo de que un dos atentados ideolóxicos da tempada pasada dos grupos ultraconservacionistas, cal foi o ataque á pesca tradicional personificada no caso do risco, nesta orde de vedas desactívase e se volve a permitir a pesca con risco entendido este como foi sempre: Cun triple  e en superficie.
Compre destacar tamén a posibilidade de pescar os xoves na modalidade sen morte nos coutos consorciados con sociedades.
En fín, a orde é un galimatias que hai que analisar coa axuda dun avogado e un notario, sendo comenente levar a ambos persoeiros na vosa compaña mentres esteades na ribeira do río.

Que Deus reparta sorte ...

jueves, 12 de enero de 2012

1º Curso para a formación e probas de selección de novos Artesáns

Pois iso, que como existe demanda para incrementar o colectivo e non sería xusto deixar a xente moi preparada e válida que pupula polo mundiño da montaxe e construcción de artificiais en Galiza, dase o primeiro paso para permitir o acceso a Artesáns.
Ocúrrenseme polo menos unha ducia de persoas que poden, e diría eu mais, deben, procurar o acceso a Artesáns. E imaxino que haberá moitísimos mais que eu non coñezo.

Animádevos e aló nos veremos.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Repoboación no Xuvia

No día de hoxe e asesorados por técnicos da Dirección Xeral de Conservación procedeuse a ceibar no Xuvia alevíns dunha nova especie de peixe.
O seu nome científico é Carcharodon carcharias e o motivo desta solta é contribuir ó descenso dos índices de furtivismo subacuático.
Polo que nos dixeron é bastante eficaz no desempeño do seu cometido, axudando tamén a librar o río de cormoráns.
Como efecto secundario está a impòsibilidade do vadeo nocturno na pesca do reo (Juanjo Moralejo, olliño ¡¡¡)
Eiquí tendes o peixe en cuestión.


viernes, 23 de diciembre de 2011

EL PARDÓN DE MEANA Y LA PLUMA DE GALLO DE LEÓN


Desde la dirección editorial de “www.cotossalmoneros.com”, nos alegra informaros que desde el día 14 de noviembre está disponible el nuevo libro
“EL PARDÓN DE MEANA Y LA PLUMA DE GALLO DE LEÓN”.
Se trata de una EDICION DE LUJO y con una tirada muy limitada, (sólo 500 ejemplares). Una obra para colección con una calidad extraordinaria.

En este trabajo presentamos, por primera vez en una publicación, todos los secretos del montaje del “Pardón de Meana” y sus variantes. Éste es, posiblemente, uno de los mejores patrones para montar efémeras creados hasta ahora y en él destaca su gran efectividad ante truchas y reos. Gracias al detalle de la macrofotografía, podréis seguir, paso a paso, todo el proceso de montaje, con más de 40 imágenes y pasos en algunas de las variantes.

La obra aparece en dos versiones, español e inglés, y tiene como objetivo mostrar, a todos los pescadores de mosca del mundo, los secretos y la magia de “La Pluma de Gallo de León”, gracias a un profundo estudio que nos permitirá conocer todo aquello que necesitamos saber sobre los famosos gallos y plumas de León.
EN ESTE TRABAJO SE INCLUYEN, POR PRIMERA VEZ, LAS TABLAS QUE DEFINEN LAS DISTINTAS VARIEDADES DE PLUMA DE GALLO DE LEÓN EN FUNCIÓN DEL COLOR, EL DIBUJO Y LA DENSIDAD DE LAS PENCAS, Y LA CALIDAD DE LA OBRA. Estas tablas han sido acordadas por los propios criadores de cara a la gestión de la Denominación de Origen.

El valor de la obra es de 58€, pero sale al mercado con una interesante promoción, sólo 38 €, un precio ridículo teniendo en cuenta la calidad del libro.

Aprovecha esta oportunidad y hazte un buen regalo estas Navidades.
Solicita tu ejemplar en:  www.cotossalmoneros.com te lo enviamos a casa.


Para cualquier duda, puedes ponerte en contacto con nosotros en el telf: 649618438.


 


Luis Meana
Dirección editorial
WWW.COTOSSALMONEROS.COM
publicaciones y guías para la pesca
luis@cotossalmoneros.com
Tel: 649618438

jueves, 22 de diciembre de 2011

BO NADAL

Pois iso, que para minimizar esforzo e maximizar risa cólgovos a miña felicitación navideña.
Pili e mais eu desexámosvos Felices Festas facendo o que mellor sabemos; A mona.
ENLACE:http://elfyourself.jibjab.com/view/Eo870oQl9DG7KLDc?cmpid=ey_fb_self&ref=nf