viernes, 14 de noviembre de 2014

Premios Trueiro 2014

O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova (Lugo), o sábado 15 de novembro ás 20:30 h, no Salón de Actos do Centro Social.
Estas distincións recoñecen o traballo desenvolvido por persoas, sociedades, pescadores, etc, a prol da conservación das augas continentais e da significación socio-cultural da pesca.

O Xurado formado pola Dirección, o Consello de Dirección, o Consello Asesor e o Consello de Redacción do Xornal Trueiro, decidiu por unanimidade outorgar os seguintes premios:

Premio "Línea Tensa" á Web As Orillas do Ulla
Polo seguimento das capturas de salmón en Galicia e polo compromiso adquirido cos pescadores a fin de telos permanentemente informados dos números da campaña salmoneira.

Premio "Donde Hay Que Estar"
a Xosé Luís Brandón
Por saber estar donde hai que estar, polo seu exquisito comportamento deportivo, pola organización do Open do Mandeo e por significarse como un dos pescadores mais queridos no mundo da pesca a mosca en Galicia.

Premio "Qué Pasa" á Plataforma Sarriana polo Río
Pola defensa a ultranza do Río Sarria e pola mobilización que liderou a nivel veciñal a prol deste curso.


Premio "A Nosa" a Argimiro Conde
Argimiro Conde Diaz, de 81 anos, empezou de gardarríos en 1964 e tomou posesión un ano despois nos Peares. En marzo de 1965 incorporouse á praza da Pontenova desde Salmeán a Fonteo con tódolos afluentes. Posteriormente foi o xefe de zona que abarcaba o río Masma, o Eo e tódolos tributarios.

Premio "Trueiro-Doctor Moralejo" á Real Asociación Asturiana de Pesca
Polo seu compromiso co mundo da pesca e por acoller a varios centos de pescadores galegos como socios.