lunes, 26 de noviembre de 2012

MOSCAS DE LURA-CHIPIRON

Hain unha boa tempada que na pesca galega hai un fenómeno novo.
Falo da cantidade de artesáns e afeccioados que se botaron  a manufacturar engados para as luras e os chocos.
Non podería deixar de mencionar eiquí a os amigos Andrés Touceda, Marcos Prado e a Joaquín Quintas, entre outros moitos. Pero véñenme estes á cabeza polos acabados das súas mostras.
O caso é que parece que no cotarro pesqueiro a existencia de unha poboación de chipirós que da para divertirse (e porque non decilo, para facer unhas peroladas) deu lugar a un certo movemento.
Primeiro foi a aparición dos ''paxariños'' xaponeses aló polos finais dos anos 80. Logo veu a ''invasión'' dos peixes artesáns asturianos. E por fin os artesáns do país reccionaron e se puxeron as pilas.
Se teño que decir a verdade a pesca de cefalópodos, sexan luras, chipirós, xibas ou chocos, non me di gran cousa.
No seu momento adiqueilles tempo pescando dende embarcación. Deixabamos a chalana á rosa e rastreando cun paxariño no fondo íamos ás xibas. Non deixaba de ser unha excusa para navegar.
Non me chista a pouca pelexa que dan, salvo cando son pezas de respeto.
Pero a caso é que levan unha tempada picando nun e aí vai a miña resposta.
E esta veu en formas de engados para pescar cefalópodos con sedal pesado, isto é con cola de rata.
As mostras teñen un certo peso, có que necesitaremos como mínimo unha cana de liña 8 para movelas cunha certa seguridade.
Eiquí volas presento.
O inicio da colección
Outra vista
Mostra prateada
Mostra alaranzada
Podedes intuir os efecto fosforescente do que van dotados
Eiquí queda o desafío. Pescar luras e chocos con engados amarrados especificamente para elo.
 
Nos próximos días hei remollalos, posiblemente en Mugardos ou Cedeira. Se non me apedrean os feligreses e os cefalópodos están de Deus, xa vos contarei