sábado, 26 de mayo de 2012

FALECE JUAN JOSE MORALEJO



Cando escribo estas liñas aínda estou en estado de shock.
A morte dun amigo é sempre doorosa e difícil de superar, pero no caso de Juanjo é moito mais.
O Doctor, como lle chamabamos os seus amigos, foi e será un persoeiro irrepetibel.
Era unha persoa culta, amable, gracioso ata a extenuación, pero o mais importante un pescador coma a copa dun pino. E o mais importante, un amigo ó que recurrir sempre para contar có seu consello e apoio
Xa non é polo seu libro As troitas as miñas señoras, ese libro que todo pescador galego quixera ter escrito, ou polo menos imaxinado, o Doctor era ante todo un  impenitente pescador que cando os demais estabamos prontos a desfalecer, daba folgos ós demais para continuar intentandoo.
Nos meus recordos quedará o agarimo do seu, ¡¡¡neno¡¡¡, que sempre te facía sentir como parte da súa familia.
E que decir do seu sentido do humor, que cando tiñas un mal día acababa por arrincarche un sorriso de orella a orella.
Podería decir que se na pesca hai pasión e intectualidade, o doctor era o campión de ambas cualidades.
Por iso doeme tanto perder un amigo e compañeiro de pesca do seu calibre.
O río, que ás veces é moi inxusto, nunca lle quixo dar un salmón, pero a cambio deunos a oportunidade de coñecelo na súa búsqueda do infinito, como el deu en chamar á súa percura.
Doctor aló donde esteas espera por nós botando unha varada e cando nós cheguemos danos a alegría de saber que o salmón xa non está nas túas prioridades.
O meu mais sentido pésame á familia por esta tremenda perda.