miércoles, 22 de febrero de 2012

Entrega de premios do concurso Augas Vivas. O Baixo Miño de festa

Este Sábado pasado uns cantos amigos baixamos a Caldelas de Tui ó evento piscatorio da xornada.
Celebrábase a entrega de premios do concurso internacional de montaxe de Augas Vivas.
Pero como Alonso e a súa xente son persoal de cú inquieto aderezaron o que xa ía ser un evento de por sí, cunha boa xornada de pesca e un clinic de lanzado que estivo patroneado polo gran Roberto Caldeiro.
Teño que recoñecer que si ben pesca e amigos xa eran motivo suficiente para ir, a miña principal motivación era ir e ver como se manexaba ''de verdade'' unha cana de dúas mans. Hai moita xente que pescamos con elas, cada vez mais, pero moitos de nos soamente estamos aprendendo os rudimentos. E esta era unha oportunidade única.
Como colofón unha paparota de órdago con lamprea incluida que fixo, especialmente no caso do fiambre de lamprea, as delicias dos presentes.
Tamén veu o amigo Luis Meana a facer a presentación do seu  libro El Pardón de Meana.
Pero especialmente importante foi para min  ver como un antigo alumno da Escola de pesca da Sociedade de caza e pesca Xuvia, Oscar González, recibía unha mención por presentarse coa súa idade, fronte ós grandes monstros do montaxe de artificiais deste país. Oscar Noraboa, que decir, despois de 2 anos non te coñecía, pero non sabes o que me alegro de que trunfaras tan cedo. Na sociedade quedamos á túa disposición.
E para non facer mais literatura, xa paso a comentar, estampillas por medio, como se desenvolveu a xornada.
A foto de familia no clinic de lanzado e oficial do encontro
Xuntámonos nunha mañá moi fría ó pé do Pai Miño

Un mar de grande. Un mar que non quixo confiarnos os seus secretos prateados

Navegaron as moscas de salmón por primeira vez no ano
Jose quixo invadir Portugal cós seus lances
Outros probaron sorte en lugares insospeitados
Roberto Caldeiro en acción
Algunha vez conseguirei lanzar así ???
A praia de Caldelas foi unha festa de liñas ó aire
Botámonos á lamprea
Luis fixo a presentación do seu excelso libro
Oscar botoulle un pulso ós maiores. O ano que ven igual os fai sudar
Hai un par de anos miraba estranado as argalladas que lle ensinabamos na escola de pesca de Xuvia.
Os Longo arrasaron. Menos mal que Asturias está lonxe, que senon os concursos de montaxe galegos serían todos deles por desbrodamento
Os gañadores pousaron fronte ó Balneario
Viñeron os amigos da Radio Galega
A clasificación quedou como sigue:
Secas
5º puesto con 257 puntos Marcos Devesa
4º puesto con  308 puntos Ricardo Millán
3º premio con 328 puntos Marcos Prado
2º premio con 337 puntos Vicente Longo
1º premio con 367 puntos Vicente Longo

Ninfas
5º puesto con 287 puntos Thierry Frossard
4º puesto con 295 puntos Marcos Prado
3º premio con 316 puntos Sergio Longo
2º premio con 341 puntos Vicente Longo
1º premio con 356 puntos Vicente Longo

 Salmón
3º premio con 316 puntos Antonio Vilariño
2º premio con 332 puntos Antonio Vilariño
1º premio con 368 puntos Marcos Prado