lunes, 4 de julio de 2011

DE ESCARABELLOS E CONCURSOS

Non tiña moi claro como ía escomenzar este blog.
Por un lado apetecíame falar de algun tema de montaxe. Por outro contar cousas que me pasaran coma pescador.
E finalmente a celebración do XI Concurso de pesca a mosca Cidade de Narón púxomo mais doado.
Podería facer eiquí unha crónica do concurso, pero a iso vou adicar outra entrada.
Nesta caso quero falar dunha nova mosca (bueno non tan nova) que creo que foi fundamental para que un paquete do meu calibre se clasificara de 3º neste campionato.
A presenza de abundantes cascudos nos ameneiros do Xuvia e unha incipiente eclosión de formigas en torno ó mediodía fixeron o resto.
Vaimos por partes.
Levo pescando con escarabellos (bichos no argot) durante varias tempadas. E cada vez me gustan mais.De tempadas anteriores é o Bicho radioactivo, do que falaremos noutra ocasión, e que xa leva pescadas varias especies, tanto salmónidos como ciprínidos.
O que vos presento a continuación é un desenvolvemento da tempada actual, a raíz de ler un artigo de Arturo Alonso en Aguas Vivas, revista altamente recomendada e como digo eu das que te pon  a pensar e das que podes aprender.
O caso é que as imitacións do bicho do ameneiro, a pesar de ser consumidas con profusión polos salmónidos autóctonso, non son moi extendidas.
Logo de comenzar a montalos con foam non quedei contento cós resultados (como lle expliquei a un pescador foráneo o bicho facía plif, e eu quería que fixese plaffff) e busquei un novo material de base.
E este foi o neopreno. Pero para os nosos fins non vale un neopreno calquera. En primeiro lugar debe ser altamente flotante. E despois soportar as torsións do montaxe e dar o aspecto bruñido do élitro do escarabello. E eiquí apareceu o chicle.
Os traxes chicle son de un tipo de neopreno non forrado (que por certo é incomodísimo de vestir, pois hai que usar xabón para encaixalo) que ten as características anteriores.
A continuación tendes o paso a paso:

Como podedes ver o aspecto é bastante similar ó natural.
Monteino en tamaño grande, nun #10, para reo, pero poidovos asegurar que este sábado pesqueino nun #14 e creo que foi o detalle que me fixo quedar nos primeiros postos.
Para que vexades que o tamaño dos naturais que andan na ribeira non é mais pequeno eiquí tendes un exemplo

Acordádevos, se non fai plafff ¡¡¡, pescará menos.
Desfrutadeos e se os necesitades montados tendes o meu correo.