lunes, 17 de octubre de 2011

Galegos en Canarias. Mosqueando e mosqueados


En días pasados acabo de voltar dunha viaxe ás Illas Afortunadas.
A miña parella e mais eu viaxamos en compaña de outros dous amigos á zona de Playa Blanca, no Sur da illa de Lanzarote.
Se ben era en principio unha viaxe de descanso, organizada a medida das mozas, era mais que evidente que tanto Jose coma eu, tiñamos en mente algo mais que descanso, vulcanismo e praia.
No meu caso xa estivera hai anos en Gran Canaria,e tiña unha idea bastante cabal do que a pesca de mar no litoral canario podía ofrecernos.
Desta maneira os equipaxes, a diferencia dos das rapazas, estaban mais cargados de trebellos de pesca e de ilusións, mais que de roupa.
Concretamente ámbolos dous embarcamos equipos de mosca de artillería pesada, con canas # 10 e carretes con abundante backing.
No caso das moscas levabamos unha mostra das moscas coas que habitualmente pescamos en Galicia, pero tamén grandes moscas para enfrontar os carángidos varios e pequenos túnidos tan abondosos naquelas latitudes.
O caso foi que íamos un pouco á aventura. Non fixemos reserva de ningún tipo en canto a embarcación e no caso de terra levabamos un pouco mais currada a información, pero sen excesos.
O primeiro obxectivo foi a pesca dende terra.
Desbotado o tema da pesca desde peirao, que en Canarias está estrictamente prohibida (en canto montedes a cana xa teredes un vixiante coa libreta sancionadora á man), había que empezar a explorar os arredores da zona turística.
Desta maneira procedimos a madrugar o 2º día da estancia , co gallo de prospectar as zonas aledañas ó hotel, nas que había unha serie de estruturas artificiais (rompeolas) nas que era posible practicar a pesca a mosca a primeira hora da mañá antes da chegada dos bañistas.


zona de pesca en Playa Blanca
Chegamos ás 7:00, aínda con noite. En principio non parecía haber movemento, pero en canto apareceu a primeira luz, uffff...Carreiras e peixe pequeño a brincos por tódolos lados. Para tolear. En poucas ocasións vin cousa tal na costa galega. O caso foi que o intentamos todo: Poppers (evidentemente), slidders, gurgles ...E nada ¡¡¡ Nin caso. Algunha persecución, pero non conseguiamos ver a cara dos grandotes. En cambio os pequenos munxes facían delfineadas sen fin.
Logo do fracaso do primeiro día e como bos galegos (turróns por suposto) voltamos ó día seguinte. O espectáculo, se ben menos escandaloso que o día anterior, tal cual, show must go on. Carreiras, saltos, pero ningunha picada …

Pola cabeciña tamén pasou o intento na Graciosa, pero o día que pasamos á illla as condicións meteorolóxicas non eran as mais adecuadas.para a pesca a mosca Olas duns 3 mts e vento de NE forza 6, fixéronnos desistir. A travesía desde Orzola a Caleta del Sebo foi movidiña e confirmounos que a opción de coñecer o pobo e o Sur da Illa sería o mais acertado. Nada de pesca nun dos destinos míticos da pesca en España. As cousas son así.


zona do Canal del Río. Pasando a La Graciosa
Playa del Salado. La Graciosa
Mosqueiros galegos 0, carángidos canarios 2. Tocaba cambiar de tornas.
Así, asesorándonos na illa decidimos que era hora de darlle paso ós túnidos. Non viaxaramos 2 horas de avión para quedarnos sen carreiras no blue water.
E na illa todo o mundo coincidía en que a xente mais profesional da illa era Tino García e o equipo do Mizu.
O Mizu é un barco de pesca de altura de 17 metros de eslora, totalmente equipado para a pesca de altura. Ten base en Puerto Calero, unha das marinas do Sur da isla.
o Mizu
O seu patrón , Tino, aparte de ser un tipo simpático e boa xente, é dos poucos canarios que levan en activo como skipper de pesca de altura mais de 20 anos.



E ese caudal de coñecemento o aplica cada día igual que o seu segundo de abordo, Mariano.
Boa mostra foi a xornada que compartimos con eles.
Tino xa nos comentara que pola escasa temperatura das augas (21-22 ºC) a pesca grande non estaba arrimando a terra. De feito el que era un dos gañadores habituais do campionato de Marina Rubicón ano tras ano, este ano non participaba neste torneo pola comentada falta de peixes. Durante a nosa singladura puidemos ver como os participantes neste torneo corrían como tolos cara ó norte da illa na búsqueda dalgún dos escasos exemplares presentes, que posiblemente diran o triunfo no torneo deste ano.
Así pois, e aínda facendo unha cacea no camiño cara os caladoiros do Papagayo, que nunca se sabe, estivemos de acordo con Tino que o mellor sería adicar esforzos e tempo ós listados (Katsuwonus Pelamis) e ós medregales (Seriola Dumerilli). 
 

caceando rumbo ós fondeadoiros
Chegando ó caladoiro e fondeados en 25 m. puidemos comprobar que o mar que había era mais do que parecía e que intentara a pesca a mosca dende a proa non era doado. De feito Jose, que ten a cadeira danada, non foi capaz de estar en pé na mesma. Eu fun mais turrón e aguantei case unha media hora pero sen resultados.
O resto da xente quedou na bañeira de popa intentando conseguir cebo vivo para a pesca grande. Pili foi a primeira en puntuar e rapidamente as mans expertas de Mariano anzolaron o peixiño (unha chepa) nun gran anzol que foi soltado á rosa e asegurado na superficie cun globo de látex.




Pouco tempo despois o globo empezou a moverse e Mariano clavou a peza cun xesto enérxico e rápido. A cana, por orde de sorteo, foi adxudicada a un dos ingleses. A loita foi importante e a decir de Tino, posiblemente se tratara dunha mantaraia. A impericia do pescador fixo que o peixe encontrara acobillo no fondo. Pouco masi tarde facemos maniobra para ceibar o peixe do enrronche. No medio da maniobra novo erro do pescador, que non recupera a tempo sedal, e o enrronche é definitivo. Mala sorte.



Pouco despois e cun novo peixe vivo entra outro peixe. E o turno de María, que cede o equipo a Jose. A cousa non é de broma. Parece que hai un becerro do outro lado da liña. Non obstante a pesar dos problemas, Jose templa e manda, e o peixe en poucos minutos aboia ó costado do barco. Un certeiro gancheado de Mariano e para a bañeira. Ledicia xeral pola captura e mais cando lle digo ó pescador que parte da pelexa foi inmortalizada en video.


Jose gramando duro. A súa moza desconfiaba que o peixe o levara, de aí o agarrón.
caras de felicidade do skipper e do pescador

O medregal pesou uns 25 kg e case era tan grande como o sorriso de Jose cando se fotografou con el.
Pouco despois tamén foi collida unha chova (Pomatomus saltatrix) , novamente a cebo, iso si, bastante mais pequena, uns 6-7 kg.



Un rato mais tarde e ante a ausencia de mais picadas, retornamos a porto, iso si, logo de ir dando conta dun xantar que me soupo a gloria logo das emocións vividas. Iso si, polo estado do mar soamente xantamos a tripulación e eu. O resto do pasaxe tiña as mollejas demasiado movidas polo estado do mar.
A verdade que foi un luxo pescar coa xente do Mizu e esperamos voltar canto antes para saldar a conta pendente cós listados.

as rapazas có peixe xunto cun membro da tripulación
a pesar de ser un paquete e non coller nada un non puido sustraerse á foto
Aparte da pesca en si, en Lanzarote podedes matar o tempo contemplando a fauna mariña. Concretamente estivemos buceando tanto nas praias mais cercanas ó hotel como nas cercanas do Papagayo. Estas últimas quizais por estar dentro dun parque teñen unha poboación de peixes variada e abondosa. Eiquí podedes ver fotos subacuáticas dos seus habitantes, entre os que se contan varios peixes tropicais moi vistosos como o peixe verde (thalasoma pavo).

banco de peixe cebo nas praias do Papagayo
peixe lagarto. Un visitante tropical que veu para quedarse. Para min xa eran coñecidos de Nicaragua
as salpas toleaban polo pan
Jose alimentando ós famentos
banco de  ''viejas''. Este é o peixe estrela dos isleños pola súa categoría gastronómica


Se queredes sair de pesca embarcados con garantía a Tino García o podedes atopar nas seguintes señas:

tel: 00 34 636474000
email: tinogarcia@lanzarotefishingclub.net