Somos un puto país de bandazos, cada vez me caben menos dúbidas.
A proba a tendes nova normativa de Asturias que vos adxunto http://www.asturias.es/bopa/2011/10/31/2011-21028.pdf
Celebro moito que a administración Asturiana pense no pescadores (cousa que non fixo a anteriro normativa), pero algunha vez se lle ocurrirá pensar nos peixes?
Porque en vez de facer a demagoxia política de permitirlle a un fulano, se non me fallan as contas, apañar 38 salmóns (19 semanas de pesca x 2 salmóns semanais), para cando un cupo racional por río?
O dos 38 salmóns por tempada soamente ten dúas xustificacións: Ou son moitos de familia ou , e é o mais probable, ese artista se vai adiar á comercialización. E isto, en tanto que está prohibida non me parece de recibo.
Non sei, creo que se lles foi a pinza. Dende logo non comparto a normativa que temos en Galicia, sin zonas libres e sempre ultraconservadora, pero isto non me parece.
Por certo caen varias ZLSM, entre elas a de San Tirso no Eo, que pasa a ser couto.
Unha desgracia, porque neste tramo fixen das mellores pescatas a mosca que recordo nos últimos anos. E o mais incrible era que día tras día soamente estabamos pescando nela un par de persoas. Soamente por dúas veces tivemos compaña.
Jose, putadon. Tocará de novo ir ó masificado Xesteira.
En fin, elle o que hai.
Espero enganarme e que isto non sexa a decadencia das poboacións salmoneiras asturianas