A verdade é que fun deixando as miñas opinións e vivencias de caza un pouco de lado, quizais porque é unha actividade na que a privaciadde do restos dos compoñentes da miña cuadrilla penso que debe estar salvagardada e non é cousa de embarcar no ciberespazo a xente que non lle interesa esta viaxe.
Nesta ocasión gustaríame falar dunha iniciativa do amigo Marcos Pedregal, que aparte de pescador de salmón, tamén é cazador, sobre todo de perdiz.
O caso é que primeiro en Galicia e agora no resto da Península, esta especie se atopa nunha encrucillada que se non o remediamos a conducirá á súa extinción ou cando menos a ser unha rareza, como por exemplo xa é hoxe en gran parte de Galiza.
No caso da Meseta, antano gran reserva desta especie, as malas prácticas agrícolas están abocando a esta especie avícola e a coellos e lebres, e a outras xa non cinexéticas pero de grande interese como avetardas e sisóns, a un incerto futuro.

Estas malas prácticas son sobre todo as seguintes:
- Laboreos nocturnos(afecta especialmente ós paspallás)
- Uso de velenos para pragas de maneira incontrolada (case acabou coas lebres hai uns anos durante a praga de cortas-topillos)
- Uso de sementes tratadas con insecticidas e fungicidas (outro caso de envenenamento masivo)
- Uso de pesticidas e herbicidas non seguros biolóxicamente (perigosos para as aves, mamíferos e fauna acuática, e que está perfectamente demostrado a súa relación con enfermidades como o Parkinson)
http://www.change.org/es/peticiones/ministerio-de-agricultura-y-medio-ambiente-de-espa%C3%B1a-una-agricultura-ecologicamente-sostenible